Monfero beneficiarase de acondicionamentos da Deputación por valor de 90.000 euros
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá co alcalde de Monfero, Benjamín Rodríguez o convenio que formaliza a próxima colaboración entre a institución provincial e o concello de Monfero.
O obxecto de dito acordo é o financiamento das obras necesarias para o acondicionamento da rede viaria deste municipio. A achega provincial aprobada no convenio é de 90.000 euros, unha cifra coa que a Deputación asumirá o 100% do custe de ditas actuacións.
25 de marzo de 2013 | 17:43 • Sen comentarios