publicidade hoxe
Trucos para non engordar no verán - Cabecera

Trucos para non engordar no verán

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Para evitar que o verán deixe a súa pegada en forma duns quiliños de máis, propoñémosche varios trucos estivais para adelgazar que podes pór en práctica nas  túas vacacións ou cando te enfrontes ás temibles cañitas, xeados e paellas do chiringuito.

Todos sabemos que no verán relaxamos os nosos hábitos, cando os nenos están de vacacións deixamos que a anarquía se apodere dos horarios, cousa moi sa para vencer a tensión que o curso escolar nos produce  a todos. Incorporamos á nosa dieta produtos que antes tomabamos con moderación como xeados, pasteis, guisos, arroces e algunha que outra bebida alcohólica. Se a isto engadimos a sesta que antes non tiñas tempo de facer, que saes a cear máis do normal e que o ximnasio “pecha” no verán, temos a combinación gañadora para que a báscula arroxe un resultado a favor de polo menos 2 quilos de máis ao acabar o verán.

Para que non te vexas nesta situación, propoñemosche uns consellos para que poidas adelgazar en vacacións e que o verán deixe en ti só bos recordos:

helado– Almorza salgado cada mañá.

– Non te esquezas da auga con limón en xaxún.

– Mantén o hábito dos tentempés de media mañá e merenda para non chegar con tanta fame á comida e á cea.

– Toma tres racións de froita, preferiblemente fóra das comidas. As froitas son alimentos de moderado contido calórico, ricas en fibra, vitaminas e minerais e con escaso contido en graxa, pero tómaas sempre con algo de proteína. Cear só froita tamén te engorda e sobe o colesterol.

– Lembra que unha forma de inxerir a froita e verdura de maneira rápida e saborosa é incorporando os Green Smoothies á túa dieta.

– Non mestures féculas na mesma comida (pan, pasta, arroz, patacas) para que os excesos che pasen menos factura.

– Bebe auga, non sacies a túa sede con refrescos que achegan calorías baleiras. Os light ou zero tamén activan o
almacenamento de graxa e o apetito.

– Se tomas unha copiña de viño ou unha cervexa lembra que debes acompañalas dunha tapa de proteína para reducir a acumulación de graxa.

Para axudarche a que non collas moito peso aconsellámosche estes suplementos, elixe o que creas que se adapta máis ás túas necesidades e se tes dúbidas deixa un comentario e o noso Nutricionista Online axudarate!

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 3 de Xullo do 2015 | 1:36 p.m.