publicidade hoxe
Trastornos da alimentación - Cabecera

Trastornos da alimentación

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición 
https://tienda.dietacoherente.com/

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Os trastornos da alimentación teñen cada ano máis presenza na nosa sociedade e a idades máis temperás. Poden desencadearse en períodos de ansiedade, depresión ou pola obsesión de buscar un estereotipo de beleza que está fóra da realidade.

A moda quere e mostra chicos/as extremadamente delgados/as e os adolescentes son os que máis posibilidades teñen de caer na tentación de alimentarse de forma desequilibrada, para conseguir o corpo desexado. Pero atención, cada vez hai máis casos en nenos/as e aínda que a maioría seguen sendo mulleres os homes tamén os padecen.

É moi importante a vixilancia por parte dos adultos, para poder detectar canto antes, calquera comportamento estraño dos xóvenes ante a comida. A formación e a información son de vital importancia para que saiban os perigos que corren cando xogan coa alimentación. 

Tipos de trastornos da alimentación

É importante coñecer os síntomas de cada trastorno para poder identificalo correctamente e polo en coñecemento dos pais, titores e do equipo sanitario para evitar as secuelas destes trastornos:

Anorexia

As persoas que a sofren adoitan ser intelixentes e moi perfeccionistas, curiosamente teñen unha visión distorsionada do seu corpo, véndose gordas mesmo cando están moi delgadas. Non aceptan o seu corpo e loitan por conseguir outro.

Os síntomas son:

– Diminución drástica das racións de comida.
– Case nunca toman nada doce.
– Poden pasar moitas horas sen comer nada.
– Abandonan a mesa rapidamente.
– Procuran non comer en grupo.
– Cortan a comida en trociños pequenos e a esparexan para que pareza que o prato está máis cheo.
– Tiran a comida ou a esconden nun pano ou no pan.
– Teñen control absoluto sobre as etiquetas de todos os produtos vixiando as calorías.
– Obsesión por facer exercicio.
– Abuso de laxantes e diuréticos.

Consecuencias:

– No caso das mulleres poden aparecer problemas coa menstruación, en casos graves chega a desaparecer e produce infertilidade.
– A pelsécase, ponse amarelada e agrétase pola mala nutrición.
– Sensación de frío constante.
– O cabelo e as uñas están quebradizos.
– Letargo, cansazo e apatía.
– Pode aparecer lanuxe (lanugo) nas costas, fazulas e extremidades.
– Perda de masa ósea e muscular.
– Anemia, tensión baixa, respiración e pulso lento.
– Nos casos graves dánase o corazón e o cerebro.
– Nos casos máis graves sofren un fallo multiorgánico e finalmente a morte.

Bulimia

As persoas con bulimia xeralmente teñen un peso bastante saudable e mesmo poden estar cun pouco de sobrepeso, pero o seu medo a engordar failles ter unha relación estraña coa comida. É difícil de detectar xa que o adoitan levar en segredo e o seu peso non oscila demasiado.

Os síntomas son:

– Comen compulsivamente, rápido e unha gran cantidade de comida, especialmente a que é moi calórica.
– Invención de escusas ou mentiras para meterse no baño en canto comen.
– Despois de engulir aparece o arrepentimento e poden vomitar ou abusar do exercicio e laxantes.
– Poden pasar períodos longos de xaxún.
– Poden aparecer sentimentos de irritabilidade e vergoña.

Consecuencias:

– Distensión abdominal.
– Perda do esmalte dental  e coloración amarela dos dentes pola acción dos ácidos do vómito.
– Lesións de garganta e afonías frecuentes.
– Abrasións nos dedos índice e corazón que son os que adoitan usar para provocar as náuseas.
– Desequilibro dos electrolitos e fluídos corporais.
– Deshidratación.
– En casos máis graves úlceras pépticas e pancreatitis.

Outros trastornos da alimentación

trastorno alimenticioAínda que os máis coñecidos son a anorexia e a bulimia hai outros trastornos  que tamén afectan á conduta alimentaria e  que enumero a continuación:

Atracón: as persoas que padecen trastorno por atracón, seguen ben a dieta polo día pero pola tarde-noite consomen grandes cantidades de comida nun curto período de tempo.

Drunkorexia: dáse sobre todo en adolescentes, deixan de comer para compensar o exceso de calorías que lle achegan as bebidas alcohólicas.

Manorexia: sófreno os homes que fan exercicio de maneira extrema para non engordar.

Ortorexia: obsesión enfermiza por comer só produtos ecolóxicos ou considerados “caseiros”.

Permarexia: persoas que están permanentemente a dieta e teñen predilección pola “dieta milagre”.

Potomanía: obsesión por beber moita auga, pode estar ligada á anorexia e á bulimia.

Pregorexia: sófrena as mulleres embarazas que xeran pánico a engordar, é perigosa para elas e para o feto.

Vigorexia: máis habitual en homes que coidan o seu físico até o extremo. Comen moita proteína e pásanse horas no ximnasio, é frecuente en adolescentes de talla baixa.

Espero axudarche a recoñecer os trastornos da alimentación e lembra que é moi importante diagnosticalos canto antes para que os profesionais, médicos, nutricionistas, psiquiatras e psicólogos podamos facer o noso traballo e axudar á persoa a ter unha relación máis sa coa comida.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 16 de Setembro do 2016 | 2:06 p.m.