publicidade hoxe

Tempo de poda (II)

ramo-verdeNas árbores froiteiras existen unha serie de estruturas ou formacións nas que se atopan as xemas tanto vexetativas como as de flor e as mixtas. Estes tipos de ramos  ou formacións son distintas segundo a especie de que se trate

Estruturas frutíferas nas árbores

ramo-verde

brindillaramalletelamburdachifona

 

Nas árbores froiteiras existen unha serie de estruturas ou formacións nas que se atopan as xemas tanto vexetativas como as de flor e as mixtas. Estes tipos de ramos  ou formacións son distintas segundo a especie de que se trate. Ademais, cada especie ten preferencia ou frutifica en maior medida nun deses tipos de ramos.

Estas formacións frutíferas son as seguintes:

Ramo mixto: é unha estrutura presente na maior parte das especies. Ten unha lonxitude e diámetro variable segundo o seu vigor, e caracterízase por presentar xemas de madeira e de flor agrupadas. Este equilibrio entre follas- flores que ten é o que lle dá o interese xa que permite o mantemento de froita de calidade. Se a estrutura é do ano, é maior a súa produtividade.

Brindillas: son estruturas cortas (15-30 cm.) que aparecen tanto en pomáceas coma en drupáceas. Delgadas, nos froiteiros de pebida portan una xema de flor terminal, (brindilla coroada) mentores que nas de carabuña teñen unha xema terminal de madeira e o resto de flor.

Ramallete de maio: forma curta (3-6 cm.) que se presenta nas drupáceas. Dende que se forma poden pasar dous ou tres anos ata que florece, pero a partires de entón, pode manter a produción por moitos anos. Ten una xema de madeira no ápice e por debaixo dela unha coroa de flores. 

Lamburda: son estruturas cortiñas e grosas que proceden da evolución dun ramo do ano ou dun dardo. Despois de dous anos sendo  vexetativas, no dardo ou no ramiño do ano fórmase  unha xema mixta que produce froita durante varios anos (8-10 anos).

Chifona: é unha estrutura de escaso vigor e de lonxitude curta (10-20 cm.) que posúe xemas de flor en toda a superficie, illadas. Pode producir froitos en gran cantidade pero poucas follas polo que os froitos non son de calidade. E típica de froitas de carabuña.

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 10 de Febreiro do 2014 | 1:20 p.m.