publicidade hoxe
Snacks saudables para a oficina - Cabecera

Snacks saudables para a oficina

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Cando estás a seguir unha dieta para baixar de peso ou para mellorar a túa saúde, xa sabes que son tan importantes as comidas principais coma os tentempés, lembra que debes comer cada 4 horas para regular o nivel de azucre en sangue, manter o teu apetito a raia e reducir a acumulación de calorías en forma de graxa, o mecanismo natural de supervivencia cando inxires menos calorías das necesarias.

Propóñoche os 6 mellores snacks para a oficina segundo as túas necesidades:

1- Para mellorar a túa concentración

Ex1-Bocadillo vexetal de atún ou salmón, polo seu contido en omega-3, ácidos graxos poliinsaturados que melloran o rendemento intelectual e a concentración. As noces tamén son moi recomendables, así como os cítricos e non esquezas que tamén hai que repoñer líquidos.

Ex2-Mandarinas, salmón afumado e dúas noces.

Podes acompañar ambos exemplos cun té verde ou branco, que son as variedades menos excitantes pero máis antioxidantes para combater a fatiga mental e manter os teus miolos en forma.

2- Se  tomaches unha comida moi light (ensalada, por exemplo) e tes fame a media tarde

Bocadillo de pan integral, xamón serrano, tomate restregado e aceite. O aceite de oliva é moi saciante e o pan integral aporta hidratos de carbono de liberación lenta e fibra que equilibran o teu apetito. Ademais o xamón serrano polo seu contido en proteínas retarda a absorción dos  hidratos de carbono do pan e do tomate.

3- Se estás estresado, tes ansiedade e precisas  calmarte

frutos-secosSon moi interesantes as combinacións de alimentos ricos en Triptófano, o precursor da Serotonina, que é calmante, sube o ánimo e axuda a conciliar o sono, ademais podes acompañar o  tentempé cunha infusión tranquilizante que leve Tila, Pasiflora, Herba Luisa, Melisa, Espino Blanco, Valeriana…

Ex1.-Plátano+1 rebanda de pavo+5 Améndoas

Ex2.-Bocadilliño de aguacate e ovo

Os alimentos ricos en Magnesio tamén son moi relaxantes, polo que podes engadir algún lácteo desnatado ou froitos secos como xa recomendamos.

4-Se tes ganas de doce, en concreto de chocolate

Neste caso toma alimentos ricos en triptófano (leite, queixo, kiwi, plátano, aguacate, froitos secos, pavo e polo).

Engade canela ao teu café ou infusión para axudar a regular os picos de azucre en sangue e “domar” o teu apetito polo doce.

5-Para non engordar

frutasO mellor tentempé a calquera hora é o que denominamos “Bandexa Antifame”: unha peza de froita de tempada, unha rebanda de friame magro e 2-5 froitos secos. Podes facer ata tres destes tentempés se sentes apetito ao longo da xornada laboral ou se se vai  alongar a comida ou a cea dende o tentempé de media mañá ou media tarde. O ideal é comer cada 4-5 horas.

6-Necesitas facer un descanso

Ás veces cres que tes fame, pero o que necesitas realmente é facer un descanso. Este é o momento de parar e tomar un tentempé que aporte enerxía extra. Proba os Green Smoothies (batidos verdes), bombas de enerxía e nutrientes con moi poucas calorías que podes levar preparados:

• Aportan un extra de enerxía.

• Equilibran o teu apetito xa que un vaso de batido verde sacia moito.

• Axudan a consumir verduras verdes crúas, a mellor maneira de aproveitar todos os seus nutrientes.

• Aportan ferro e melloran a túa pel.

• Son depurativos, o estómago dixíreos facilmente e reducen o estrinximento.

• Axúdante a adelgazar rápido.

• Podes ver as diferentes receitas nos posts de Dieta Coherente.

manzanaLembra que non se trata de contar as calorías, se non que en cada snack haxa proteína, hidratos de carbono de baixa carga glucémica e graxas favorables (aceite de oliva, froitos secos ou aguacate, por exemplo). Se queres perder peso, é máis efectivo activar o teu metabolismo que reducir as calorías da dieta.

Canto máis rápido sexa o teu metabolismo, máis fácil será manterte no teu peso ideal. A velocidade do metabolismo está moi relacionada coa masa muscular polo que  non te esquezas de incluír PROTEÍNA en todos os teus snacks.

Non o penses máis, únete ao movemento Coher!

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 24 de Abril do 2015 | 1:19 p.m.