publicidade hoxe
Sabes distinguir a fame física do apetito emocional? - Cabecera

Sabes distinguir a fame física do apetito emocional?

amil-lopez

 

Amil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Sabes por que comes, ou como comes? Se o que queres é perder peso, é moi importante que identifiques se a túa fame é unha necesidade biolóxica ou se está todo na túa mente. Se é o primeiro caso, comes en medo. Pero se é o segundo, párate 15 min a pensar qué é o que realmente che acontece.

Unha maneira de saber se o teu apetito é físico ou emocional, é pensar en comer algo que non che gusta moito, se aínda así o comerías, pode que a túa fame sexa física pero consulta a seguinte táboa para estar seguro/a:

 Apetito físico

– É un proceso gradual no que o corpo te vai avisando que xa é hora de comer. Ese momento incómodo no que che soan as tripas na oficina?

– Dáche igual unha pizza, unha ensalada ou un prato de alcachofas.

– Gustaríache comer, pero se te concentras no que estás a facer “se che pasa”.

– Pasaron 4 ou 5 horas dende que comiches, é normal que teñas fame ou que te sintas débil.

– A fame física trata de nutrirte así que cando estás saciado, deixas de comer.

– Sabes cando parar porque é algo biolóxico, por instinto, non te culpas nin te castigas.

Apetito emocional

– Chega de repente e sénteste famento.

– Non te comerías calquera cousa, é máis un antollo. A túa mente pensa nunha pizza e a túa boca empeza a salivar. Se che ofrecen unha mazá, dis que non tes tanta fame, que esperas un pouco.

– Necesitas comer urxentemente. Non te podes concentrar, non podes pensar noutra cousa que nesa tableta de chocolate ou nese bolo.
– O teu xefe gritouche porque non tiñas os informes a tempo, os teus fillos estanse a portar mal no colexio… Algo pasa no teu entorno que te pon triste, ansioso… e comer consólate.

– Estás fronte á TV e de repente daste conta que as galletas que estabas comendo acabáronse. Es un comedor automático ou despistado.

– Sénteste tan culpable por comerte aquela bolsa de patacas XL que decides que non cearás ou que mañá farás 500 abdominais. Cúlpaste por unha conduta e castígaste.

Para enganar ao estómago e sentirte máis saciado podes tomar infusións entre horas,  hainas moi depurativas: té verde, dente de león, cola de cabalo, ulmaria; dixestivas: fiuncho, anís, herba luisa, alcarava, camomila, menta; relaxantes: melisa, tila, pasiflora, espino branco, valeriana.

Non abuses das que aportan cafeína ou teína. Mellor o“té” roiboss ou os desteinados. Podes tomar un té verde ao día, e o café mellor no almorzo xunto a alimentos con fibra para evitar o efecto da cafeína sobre o almacenamento de graxas.

É importante que teñas sempre preparada a túa bandexa antifame, para evitar comer o primeiro que pilles, que seguro será un alimento rico en graxas e carbohidratos.

Para poder perder peso de maneira rápida e sa, podes seguir a Dieta Coherente que se basea en 5 comidas equilibradas para controlar o apetito e queimar os depósitos de graxa. Sen alimentos prohibidos e gozando da túa vida social.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 27 de Febreiro do 2015 | 11:06 a.m.