publicidade hoxe
Retención de líquidos - Cabecera

Retención de líquidos

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición 
https://tienda.dietacoherente.com/

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

A retención de líquidos e os problemas de circulación, celulite e edemas nas pernas son moi frecuentes nas mulleres debido á súa actividade hormonal. A ovulación favorece o inchazo abdominal, a tensión mamaria e as edemas, se ademais traballas moitas horas sentado/a ou de pé, a circulación de retorno venoso é menos eficaz, favorecendo o inchazo e a dor de pernas.

Segue estes consellos para mellorar a retención de líquidos:

Aumenta o consumo de fibra (pan e pasta integral), vitamina C procedente de froita (cítricos, fresas, froitas do bosque) e verdura crúa (pemento, cebola, cenoria, leituga, champiñóns, espinacas, etc.), antioxidantes (polifenois de froitos vermellos, té verde, viño tinto, aceite de oliva virxe -en cru ao final da preparación-), calcio (iogur, leite, sésamo) que controla a función dos adipocitos e estimula a lipólise, potasio (ameixa, plátano, pexego, albaricoque…).

piel-naranjaConsume con máis frecuencia estes alimentos diuréticos. A fresa é ideal para o estrinximento e unha sofisticada arma contra a pel de laranxa. O kiwi ten calidades laxantes e o seu contido en potasio favorece o equilibrio hídrico. A piña axuda a dixerir as proteínas, acelera a reparación dos tecidos, elimina toxinas e líquidos e é antiinflamatoria. O pomelo é moi depurativo, o fiuncho diurético e contén propiedades similares aos estróxenos que equilibran os niveis hormonais. O apio ten un efecto calmante e a cenoria, antioxidante.

Toma unha infusión dixestiva ou depurativa despois das comidas: té vermello, cola de cabalo, melisa, flores de azar, manzanilla, menta poleo, etc. Non abuses de suplementos diuréticos para evitar o efecto rebote ou un baixón de tensión, sobre todo coa cola de cabalo.

Modera a cantidade de sal e evita a comida precociñada e os aditivos que promoven a retención de líquidos. É conveniente que leas as etiquetas na procura de “sodio”.

É preciso beber auga para perder auga. A lo menos 1,5-2 litros de auga ao día, para facilitar a bioquímica do teu organismo e evitar a retención de líquidos e as edemas.

Toma tres días á semana este caldo depurativo para evitar a acumulación de líquidos e toxinas.

A coca-cola, o café, o mate e o té son acalóricos, pero son potentes estimuladores da insulina e do almacenamento de graxa corporal, polo que reduce o seu consumo e se as tomas, que sexa no almorzo xunto con outros alimentos con fibra. O resto do día tómaos descafeinados.

Se traballas moitas horas sentado/a, trata de levantarte 5 minutos cada hora. Non cruces as pernas.

Mantén as pernas no alto ao deitarte ou durme cunha almofada baixo os pés.

retencionAlterna chorros de auga quente e fría na ducha.

Non uses roupa axustada nin calzado de tacón.

O exercicio é fundamental para manter o ton muscular. 40 minutos de camiñada ao día para mellorar a osixenación dos tecidos e axudar á eficacia dos procesos metabólicos. Ademais o exercicio incrementa por tres a capacidade detoxificadora do fígado, menos toxinas, menos inflamación, menos retención de líquidos e menos radicais libres.

Debes evitar estes alimentos se tes retención de líquidos:

Azucre branco, alcol, zumes, arroz branco, cereais (pan, pasta, cereais), graxas desfavorables (graxas saturadas -carne graxa, touciño, manteiga, touciño entrefebrado, embutidos graxos, queixos ricos en graxas, xemas de ovo- e graxas trans: -bollería, cereais de almorzo, galletas, chocolates, bombóns-), bebidas estimulantes, etc.

Evita preparacións culinarias que incorporen moita graxa e selecciona preferentemente: ferro, vapor, cocción a menos de 110 graos.

Prohibido os alimentos graxos ou moi azucrados pola noite, xa que se os tomas, irán directamente aos depósitos de graxa mentres dormes.

Non mestures féculas na mesma comida: pan, pasta, arroz, patacas, plátano, millo, remolacha, cabaza.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 3 de Febreiro do 2016 | 11:13 a.m.

Outros temas de Nutricoach