publicidade hoxe

Producción ecolóxica: COMPOST

De todos é sabido que o compost é a base dunha axeitada fertilización na producción ecolóxica. Pero que é o compost?.

Por compost entendemos o resultado dun proceso de descomposición biolóxica de materia orgánica levado a cabo nunhas condicións controladas. A temperatura, a humidade, o osíxeno, o ph, son factores que debemos manexar para que esa compostaxe se desenrole dun xeito satisfactorio.

Existen distintas técnicas para realizar a compostaxe de distintas materias primas, pero unha das máis sinxelas e eficaces é a construción dun montón conformado polos distintos materiais aptos para a producción de mantillo.

Esa mezcla de materiais debe ser equilibrada para obter unha relación de Carbono/Nitróxeno axeitada. A forma pois do montón, o seu tamaño e por suposto o seu manexo influirán no preceso de elaboración.

A fermentación en montón permite o control dos factores antes mencionados e ademais permite dispoñer dos distintos tipos de materia orgánica según os usos que lle queiramos dar. Así poderemos empregar compost fresco para realizar os abonados de fondo ou de compost maduro, descomposto para empregar nos momentos productivos do ciclo de cultivo.

produccion-exoloxica-1O tamaño e proporción do montón, como dicíamos antes, debe terse en conta para lograr un volume manexable e que permita un bo equilibrio entre humidade e aireación. O tamaño que se considera máis aconsellable, sería un montón de sección triangular ou trapezoidal de 1,5 metros de altura e que teña unha base, tamén en torno a 1,5 -2 metros.

 

 

O montón deberá estar situado en lugar soleado pero protexido da choiva. O emprego de láminas de plástico ou palla como cuberta e protección, axuda a manter a humidade e a temperatura. A humidade debe manterse entre 40- 60%. Cando esta humidade sexa baixa deberase regar.

A temperatura indica a evolución da descomposición. Así os primeiros días (15-20 días) prodúcese un aumento da temperatura debido á actividade microbiana, chegando a acadar os 65-70ºC. Esa temperatura non debe ser superior en ningún caso, posto que a descomposición non se levaría a cabo axeitadamente. Se a temperatura non ascende é recomendable remover, voltear o montón para que airee e revisar a mestura de materias primas (ver tabla de materias primas adxunta.)

produccion-exoloxica-tabla-axuda

produccion-exoloxica-terraCanto máis variada sexa a mestura de materias e as distintas capas se varían intercalando mellor descomposición. O ideal é facer capas de cada unha das materias primas de 20-30 cm intercalando pequenas proporcións de esterco, terra ou compost maduro que teñamos de ocasións anteriores.

Pasados 2-3 meses dende o inicio do proceso, dispoñeremos dun compost fresco. A partires dos 6-7 meses dispoñeremos dun compost maduro. Todo iso, por suposto, dependendo dos materiais empregados xa que nalgún caso o proceso podería requerir máis tempo.

 

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 12 de Novembro do 2013 | 1:23 p.m.