publicidade hoxe

Producción ecolóxica, abonado verde

Cultivo para abono verde

Cultivo para abono verde

A finais de outono e ata principios da primavera é unha boa época para empregar o abono verde naquelas superficies que durante un tempo van estar desprovistas de cultivos, van quedar ao descuberto. Deste xeito preparamos o solo para os cultivos de primavera-verán.

Pero que é o abono verde?

Por abono verde entendemos aqueles cultivos destinados a ser enterrados coa finalidade de aumentar a fertilidade da terra. Un aspecto importante e que ese fertilizante natural sexa manexado de xeito correcto, e dicir, debe ser cortado e incorporado ó terreo no momento en que teña asimilado unha grande cantidade de nutrintes.

Entre os beneficios que imos obter co emprego desta técnica podemos citar os seguintes:

- Aumentan a porcentaxe de nitróxeno na terra, especialmente se os cultivos empregados son leguminosas.

- Mellora a estructura da terra, xa que as raíces dos cultivos empregados realizan ese traballo.

- Proporcionan elementos nutritivos disponibles para os cultivos que seguirán nesa parcela.

- Limitan a invasión de malas herbas.

- Proporcionan un efecto de acolchado.

- Limitan o lavado dos elementos nutritivos. Reducen a erosión do terreo.

- Estimulan a fauna microbiana proporcionándolle alimento grazas á fermentación.

Pero que plantas podemos empregar como abono verde?

As plantas poden ser moi diversas pero as máis empregadas e aconsellables, son as pertencentes a tres familias:

- Leguminosas (trevo, chícharo, xudias, fabas, veza,…) estas son moi interesantes en agricultura xa que fixan nitróxeno atmosférico co que o aporte que logo fan ao solo é notorio.

- Crucíferas (ravo forraxeiro, , colza , mostaza,…) interesantes dende o punto de vista do seu rápido crecemento e as suas baixas necesidades de hunmus.

- Gramineas (centeo, avea, raigrass,…) Normalmente asocianse con leguminosas.

Tamén outras especies como trigo sarraceno, espinaca, poden ser empregadas como abono verde.

 

Como aplicamos o abono verde?

Abonado verdePodemos empregar distintas técnicas de abonado en verde:

- Na rotación dos cultivos. No momento en que o solo está desocupado, seméntanse leguminosas, forraxeiras ou gramíneas. Que segamos e incorporamos ao terreo en canto aparecen os primeiros brotes florais ou as primeiras flores.

- Como asociación de cultivos. Seméntanse plantas que medran xunto ao cultivo de ciclo máis longo, xunto a especies plurianuais ou en plantacións de árbores froiteiras. Estes cultivos destinados ao abonado verde séganse no momento do inicio da floración e déixanse descompoñer no solo.

- Cultivo intercalado. Semellante o anterior, emprégase sobre todo na fruticultura. Seméntase oabono verde nas franxas entre os cultivos, segándose no momento de inicio da floración.

 

 

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 29 de Novembro do 2013 | 8:12 p.m.