publicidade hoxe

Producción Ecolóxica III: Rotación de Cultivos

cultiboA rotación é unha técnica que ten como base a sucesión de cultivos de xeito ordeado e lóxico nunha mesma parcela. Na rotación os cultivos alternan no tempo dentro dunha planificación estudiada previamente, sucedéndose pois, cada dous, tres, ou máis años. Esa rotación tamén pode ser levada a cabo non só no tempo,  senón tamén no espazo, de xeito que a superficie se divide en subparcelas ou follas nas que se produce rotación en cada unha delas e ademáis entre elas.

Esta técnica de cultivo presenta unha serie de vantaxes como son:

Control de plagas e enfermidades. Xa que moitas desas enfermidades ou plagas están relacionadas cun determinado cultivo, o feito de que durante un tempo ese cultivo desapareza desa parcela romperá o ciclo biolóxico de dita plaga.

Control de malas herbas. Se facemos unha rotación axeitada dos cultivos podemos manter o sólo continuamente ocupado e desa forma reducir o crecimiento de herbas adventicias xa que teñen que competir pola luz , a agua e os nutrintes cos nosos cultivos.

Evitamos o empobrecemento do solo. Ó non repetir o mesmo cultivo dun xeito continuo, evitamos que do solo se retiren os mesmos  nutrintes colleita tras colleita. Coa rotación imos variando  os nutrintes que as plantas extraen do solo xa que variamos as necesidades nutritivas e a profundidade á que son extraídas. Mellora a estructura e porosidade e polo tanto o  aproveitamento da auga, a actividade microbiana e a fertilidade.

Aportamos nutrintes. Si na rotación incluimos as leguminosas logramos un aporte de Nitróxeno que estará dispoñible para os seguintes cultivos na rotación. E dicir que logramos de xeito natural unha fertilización en Nitróxeno.

As rotacións terían incluso unha vantaxes de carácter social – económico posto que o feito de ir alternando  distintos cultivos, suporía a necesidade de man de obra case contínua e non só en momentos concretos como acontece cos monocultivos.

Factores a ter en conta nas rotacións

Para levar a cabo unhas rotacións exitosas e preciso ter en conta unha serie de factores no momento do deseño de ditas rotacións:

As plantas a empregar deben ter sistemas de raíces cun desenrolo distinto tanto no referente a súa profundidade coma á súa estructura. Dese xeito distintas partes ou horizontes do solo serán “traballados” por esas raíces.

Algúns exemplos de  especies según a fondura das suas raíces .

siembra1char1

É tamén importante o emprego nas rotacións, de especies que teñan partes aproveitables distintas (rotar especies de folla, con especies de froito,especies de raíz, etc).

siembra1char2

Alternar especies que teñan necesidades distintas de aboado. Así rotaremos especies máis esixentes en abono orgánico con outras menos esixentes.

Debemos evitar tamén que se sucedan nas rotacións especies ou cultivos de plantas pertencentes á mesma familia, posto que terán problemáticas e necesidades moi similares.

Exemplos de especies por familias:

siembra1char3

 

 

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 7 de Outubro do 2013 | 10:34 p.m.