publicidade hoxe

Principios de Poda (III)

Tipos de poda
 

Unha vez que temos aprendido o xeito de realizar uns cortes limpos e coa técnica axeitada, temos que pasar á práctica. Pero para realizar a poda debemos ter en conta algo máis, para que facemos esa poda?

Existen distintos tipos de poda dependendo  do obxectivo final. Esta é unha das clasificacións que podemos facer:

PODA DE FORMACIÓN: Como indica o seu nome, tería como finalidade o lograr que a árbore ou planta adquira unha estrutura ou forma determinada. Os principais motivos polos que se fai unha poda deste tipo serían entre outros:

Conquerir unha estrutura que presente resistencia tanto aos axentes atmosféricos coma para soportar o peso da froita en árbores froiteiras. De xeito que as distintas partes da copa estean ben iluminadas e aireadas.

No caso de árbores froiteiras, con esta poda de formación debemos lograr que as froitas se sitúen en lugares accesibles.

En fin, obter árbores sinxelas, con poucas pólas grosas.

PODA DE CRECEMENTO: Realízase para conquerir unha estrutura vigorosa. Pretende manter a estrutura ideal que obtivemos  coa poda de formación.

PODA DE MANTEMENTO: Pretende eliminar as estruturas ou partes da árbore que non son desexables (ladróns, pólas mortas ou danadas, etc.) para, como tamén indica o seu nome, manter a estrutura lograda coas podas anteriores. Elimínanse tamén con esta poda os brotes mal situados.

podaiif2PODA DE FRUCTIFICACIÓN: Ten como obxectivo fundamental incrementar e controlar a produción de flores/fruto. Con ela  seleccionamos e formamos as formas ou estruturas fructíferas da árbore.

PODA DE RENOVACIÓN OU REXUVENECEMENTO: En ocasións e en determinados tipos de árbores é necesario facer unha reestruturación ou unha renovación da súa vexetación para lograr mellorar de novo a produción de flores ou frutos ou para reformar a súa estrutura e así lograr que esa árbore poida realizar con éxito a súa función.

Estes distintos tipos de poda van requerir distintas tarefas ou técnicas. En todo os casos a forma de facer os cortes correspondese co comentado en outros artigos desta serie (ver principios de poda I e II).

podaiii1Para facer podas de formación adoitaremos modelos establecidos como os que se expoñen no debuxo adjunto e así falamos  de forma de Vaso, Eixo Central, Palmeta, etc.

Nas podas de frutificación empregaremos técnicas como a da poda trixema (consiste en podar ramos a tres xemas de xeito que conquerimos zonas de fructificación en dúas-tres tempadas).

As podas de renovación son as máis fortes porque nelas elimínase unha porcentaxe moi alta de material vexetal, da copa da árbore. Deben ser levadas a cabo con moita precaución xa que ademais de que a súa execución conleva maior risco para o operario, as  feridas/cortes que se practican na árbore son de dimensións considerables e tardan moito tempo en cicatrizar.

podaIIImain

Por: Rosendo Luis Estévez
Publicado o 18 de Abril do 2013 | 8:52 a.m.