publicidade hoxe
Por que fracasa a túa dieta? - Cabecera

Por que fracasa a túa dieta?

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Procuras coidarte e comer de maneira ordenada, fas algo de exercicio pero non consegues perder peso, mesmo vas engordando un pouco máis cada ano. Queremos darche 10 motivos polos que engordas sen darte conta para que lle poñas remedio e consigas adelgazar de maneira sa e equilibrada.

– Non fas as 5 comidas: sáltaste a media mañá e a media tarde. O corpo necesita nutrirse cada 3-5 horas. Cando comes 5 veces ao día o teu corpo séntese saciado e fará que non chegues á comida ou á cea cunha fame voraz. Está comprobado que o xaxún engorda o mesmo que un prato de pasta, xa que da seguinte comida o organismo aproveitará as calorías con máis eficiencia.

– A tensión e a ansiedade: son dous inimigos da dieta, provocan fame emocional e fan que consumas comida lixo ou moi hipercalórica para acougar o teu desasosego. Por outra banda, activan a insulina, é dicir, favorecen que o teu organismo acumule máis graxa e que os teus depósitos non se queimen (inhiben a lipolise). O mellor é aprender a relaxarse ou realizar exercicio físico para liberar endorfinas.

– Abarrótaste a produtos lixeiros ou con edulcorantes. Estes produtos achegan menos calorías, pero a reacción do organismo é a mesma, activan a hormona insulina que favorece o almacenamento dos alimentos en forma de graxa.

– Ademais lixeiro non significa libre de calorías, ou que non engorde, simplemente que ten menos calorías.

dieta fracaso-2– Non te moves: ademais da dieta, debes seguir un estilo de vida activo, non quere dicir que te apuntes a un ximnasio se non tes tempo ou non che gusta. Camiña, pasea, anda en bicicleta, sobe as escaleiras a pé, ou fai os 5 minutos do programa de tonificación muscular que che propoño.

– Durmes pouco: cando dormes mal ou trasnoitas o teu metabolismo e os teus hábitos alimentarios vense alterados. Estimúlase a conversión de calorías en graxa e o apetito.

– Sáltaste o almorzo: cando te levantas  debes reactivar o teu metabolismo e nada mellor que un almorzo equilibrado (e salgado) para empezar o día. Debe conter proteína, graxa favorable e hidratos de carbono e non deixes pasar máis dunha hora desde que te levantas ata que almorzas.

– Comes distraído: o momento da comida debe ser especial, tes que darte conta do que comes, gozalo, saborealo e ser consciente de cada bocado. Se estás a comer co móbil, lendo, vendo a tele, etc.,  fará que a túa mente se disperse e non sexas realmente consciente do que comiches. Segundo un estudo do Diario Americano de Nutrición Clínica, as persoas que comen distraídas adoitan inxerir ata un 50% máis de calorías.

dieta fracaso– Apetito emocional: seguro que algunha vez te deixaches levar pola fame emocional que chega de súpeto e que fai que comas todo o que que cae nas túas mans. Despois sénteste tan culpable que decides non cear, co que se suman os efectos da comida hipercalórica e do xaxún prolongado, unha dobre falta. Por se isto fose pouco, a culpabilidade xérache tensión que tamén estimula a insulina e o almacenamento de graxa, meténdote nun círculo vicioso.

– Non bebes suficiente auga: o teu organismo acumula toxinas que deben ser expulsadas polos ouriños, feces, pel ou a través da respiración. Beber  auga ou infusións é un hábito que hai que practicar. Curiosamente, canto máis bebes, máis sede tes, xa que o organismo afaise facilmente aos bos hábitos e gústalle estar hidratado.

– Comes de noite: é un hábito moi común, xusto antes de irse á cama tomar algo doce ou quente, como chocolate, galletas, leite… É mellor que tomes algo salgado como fiame magro.

Se tes calquera dúbida de como debe ser a túa dieta online para perder peso e que hábitos debes modificar, podes deixar un comentario e o noso Nutricionista Online axudarache.

Lembra comer variado, aproveita os  produtos de tempada, pois están cheos de nutrientes e a un prezo estupendo. Así a túa dieta será sa e equilibrada.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 22 de Xuño do 2015 | 10:50 a.m.