publicidade hoxe
Os numerais - Cabecera

Os numerais

Os numerais son aquelas formas que expresan unha cantidade definida e exacta e que teñen un número como base. Esta cantidade definida é o que os diferencia dos cuantificadores vistos no tema anterior. Soemos falar de cinco tipos de numerais: “Cardinais”, “Ordinais”, “Multiplicativos”, “Partitivos” e “Colectivos”.

Numerais cardinais

Serán aqueles que presenten unha cantidade exacta. As formas son as seguintes:

1

Un / Unha

2

Dous / Dúas

3

Tres

4

Catro

5

Cinco

6

Seis

7

Sete

8

Oito

9

Nove

10

Dez

11

Once

12

Doce

13

Trece

14

Catorce

15

Quince

16

Dezaseis

17

Dezasete

18

Dezaoito

19

Dezanove

20

Vinte

21

Vinte e un/unha

30

Trinta

31

Trinta e un/unha

40

Corenta

50

Cincuenta

60

Sesenta

70

Setenta

80

Oitenta

90

Noventa

100

Cen

101

Cento un/unha

102

Cento dous/dúas

200

Douscentos/Duascentas

201

Douscentos un/Duascentas unha

300

Trescentos/Trescentas

400

Catrocentos/Catrocentas

500

Cincocentos/Cincocentas

Quiñentos/Quiñentas

600

Seiscentos/Seiscentas

700

Setecentos/Setecentas

800

Oitocentos/Oitocentas

900

Novecentos/Novecentas

1000

Mil

mirasolExemplos:

-Ao final os rapaces terminaron por amañar vinte e dúas martabelas / Trouxeron dezaseis mirasoles / Mercaron cincocentas/quiñentas palometas para a voda / Naquel rabaño había uns dez garañóns

 

Numerais ordinais

Son aquelas formas que indican unha orde exacta nunha serie numerábel. As formas son as seguintes:

1

Primeiro(s) / Primeira(s)

2

Segundo(s) / Segunda(s)

3

Terceiro(s) / Terceira (s)

4

Cuarto(s) / Cuarta(s)

5

Quinto(s) / Quinta(s)

6

Sexto(s) / Sexta(s)

7

Sétimo(s) / Sétima(s)

8

Oitavo(s) / Oitava(s)

9

Noveno(s) / Novena(s)

Nono(s) / Nona(s)

10

Décimo(s) / Décima(s)

11

Undécimo(s) / Undécima(s)

Décimo primeiro(s) / Décimo primeira(s)

12

Duodécimo(s) / Duodécima(s)

Décimo segundo(s) / Décimo segunda(s)

13

Décimo terceiro(s) / Décimo terceira(s)

14

Décimo cuarto(s) / Décimo cuarta(s)

15

Décimo quinto(s) / Décimo quinta(s)

16

Décimo sexto(s) / Décimo sexta(s)

17

Décimo sétimo(s) / Décimo sétima(s)

18

Décimo oitavo(s) / Décimo oitava(s)

19

Décimo noveno(s) / Décimo novena(s)

Décimo nono(s) / Décimo nona(s)

20

Vixésimo(s) / Vixésima(s)

21

Vixésimo primeiro(s) / Vixésimo primeira(s)

30

Trixésimo(s) / Trixésima(s)

40

Cuadraxésimo(s) / Cuadraxésima(s)

50

Quincuaxésimo(s) / Quincuaxésima(s)

60

Sesaxésimo(s) / Sesaxésima(s)

70

Septuaxésimo(s) / Septuaxésima(s)

80

Octoxésimo(s) / Octoxésima(s)

90

Nonaxésimo(s) / Nonaxésima(s)

100

Centésimo(s) / Centésima(s)

1000

Milésimo(s) / Milésima(s)

1000000

millonésimo(s) / Millonésima(s)

   

Exemplos:

-Xa era a oitava macela que tomaba ese día / non parou até que lle ensinaron a décimo sétima marabilla que viña nas guías turísticas…

Numerais multiplicativos

Serán aqueles que indican un aumento en relación a determinada cantidade nun número exacto multiplicador. As formas son as seguintes:

2

Dobre(s), Duplo(s) / dupla(s)

3

Triplo(s) / tripla(s)

4

Cuádruplo(s) / cuádrupla(s)

5

Quíntuplo(s) / quíntupla(s)

6

Séxtuplo(s) / séxtupla(s)

7

Séptuplo(s) / séptupla(s)

8

Óctuplo(s) / óctupla(s)

9

Nónuplo(s) / nónupla(s)

10

Décuplo(s) / décupla(s)

11

Undécuplo(s) / undécupla

12

Duodécuplo(s) / duodécupla(s)

100

Céntuplo(s) / céntupla(s)

 Exemplos:

-Tiveron que coller o triplo de miñocas que o ano pasado / non parou até acadar o óctuplo de riquezas…

Numerais partitivos

Expresan un número exacto de veces en relación a unha determinada cantidade. As formas son as seguintes:

1/2

Medio / media

1/3

Terzo / terza; terceiro / terceira

1/4

Cuarto / cuarta

1/5

Quinto / quinta

1/6

Sexto / sexta

1/7

Sétimo / sétima

1/8

Oitavo / oitava

1/9

Noveno / novena

1/10

Décimo / décima

1/11

Onceavo / onceava

1/12

Doceavo / doceava

1/100

Centésimo / centésima

1/1000

Milésimo / milésima

1/1000000

Millonésimo / millonésima

Cómpre dicirmos que a partir de 1/11 (exceptuando 1/100, 1/1000 2 1/1000000) as formas do partitivo formaranse engadindo ao cardinal o sufixo -AVO(S) (vinteavo / vinteava…)

Exemplos:

-Fora a gañadora da oitava olimpíada que se celebrara / chegou á meta de onceava…

Numerais colectivos

Este tipo de numerais indicaranos unha cantidade precisa -coma os cardinais- pero tomadas como conxunto. A verdade é que soen ser substantivos que na maior parte dos casos van seguidos da preposición “de”. As formas máis empregadas son:

2

Par(es), parella(s), dúo(s), dueto(s)…

3

Trío(s), terceto(s)…

4

Cuarteto(s), cuarteta(s)

5

Quinteto(s), quintilla(s), lustro(s)

10

Decena(s), década(s), decenio(s)

12

Ducia(s)

15

Quincena(s)

20

Vintena(s)

30

Trintena(s)

40

Corentena(s)

100

Centena(s), cento(s), centuria(s), século(s)

1000

Milleiro(s), millar(es)

Exemplos:

-Tráeme do súper unha ducia de ollomoles / xa che hai un lustro dende que comezou a traballar…

Fraseoloxía

buxaina*”Estar a monte” (que unha persoa está mal educada ou que un terreo está abandonado)

*”Ser/estar dereito coma unha fouce” (ter corcova, andar torcido/-a…)

*”Bailar coma unha buxaina” (bailar moi ben)

*”Deitar coma unha cesta” (non gardar un segredo)

*”Ser longo/a coma un día sen pan” (ser moi alta/o)

*”Ser pesado/a coma o chumbo” (ser unha persoa moi molesta, cargosa…)

Refraneiro

*”A verdade non che ten máis ca un camiño”

*”Auga en agosto, nin bo nabo nin bo magosto”

*”Faga sol, faga vento, cada cousa no seu tempo”

*”Ata que non morre a besta non se sabe de quen son os aparellos”

*”Na casa do carpinteiro sentarse no chan”

*”Quen vive sen conta, morre sen honra”

 logo nosa escrita

Por: Carlos Loureiro Rodríguez
Publicado o 6 de Marzo do 2015 | 11:22 a.m.