publicidade hoxe
Silvia Villanueva unha xove apaixoada da música - Cabecera

Silvia Villanueva unha xove apaixoada da música

Silvia Villanueva Villanueva, nada hai 17 anos no concello de Lalín, estudante de 2º de bacharelato e de guitarra eléctrica. Apaixoada da música dá o salto ao coñecemento púbico a través do concurso de canto “Recanteiros” do programa Luar da televisión de Galicia. É autora e compositora; e a partires desta semana colaboradora de noticieirogalego.com cunha sección propia que levará o nome de “O recanto de Silvia”.

silvia-villanueva-f1Silvia, fálanos un pouco de ti, que foi o que che motivou para colaborar co xornal noticieirogalego.com ?

Son unha rapaza de dezasete anos lalinense, actualmente estou estudando 2º de BACH no IES Laxeiro de Lalín, gustaríame ao rematar este curso iniciar a carreira de Comunicacions Audiovisuais, aínda que é certo que a nota de corte é cada vez máis alta, iso quere dicir que me queda moi pouco tempo libre para adicalo aos amigos e as miñas pasións que son a guitarra eléctrica, da cal estou cursando 4º Grado no Centro de Desarrollo Musical de RockSchool en Ponteareas, ao canto, realizar composicións propias, letras, gravacións, autoproducir os meus temas e colaborar con outros artistas.

En canto a miña colaboración con noticieirogalego.com débese ao meu gusto por coñecer xente, especialmente do mundo artístico: que che falen dos seus proxetos, como chegaron ata ahí, da emoción que sinten co público… é dicir, trátase dunha experiencia enriquecedora.

Dinos, que representou ser recanteira do concurso en directo do LUAR da TVG?
Para min o concurso de Recantos foi unha experiencia enriquecedora a todos os niveis, que me permitiu coñecer a profesonais de sons, imaxe, figuración, músicos, ballet, guionistas, presentadores, directores e poder ver todos esos profesionais traballando en equipo, aínda que se atopen na sombra dun programa de televisión. Con respecto aos meus compañeiros do concurso, saíron verdadeiras amizades, froito dunha ilusión común.

Que actuación te marcou a nivel persoal?
Posiblemente a actuación cos Recanteiros 2012/2013 na Gala do Cocido de Lalín, onde o Lalín Arena estaba a rebosar con cerca de 4.000 persoas. Cantar no teu pobo nunha festa gastronómica tan importante coma esta, foi un feito moi importante a nivel emocional para min.

silvia-villanueva-f2-f

Como recordas a túa primeira experiencia interpretativa?
A primeria vez que actuei para moita xente, foi en compañía dos compañeiros da Escola de Música de Silleda, no festival do Día da Música adicado ao Rock, no 2010. Nesa actuación, preparáramos un tema de Nirvana, “Come as you are” coa axuda do noso mestre de guitarra Luís Ramírez na cal eu tocaba a guitarra e cantaba. Foi unha bonita experiencia, que me animou a seguir traballando ata que un día, conseguín entrar nos Recantos de LUAR.

Que tipo de música escoitas habitualmente?
Escoito todo tipo de música, xa que ao tocar un instrumento contemporáneo é importante impregnarse de diferentes harmonías e liñas melódicas para desenvolver composicións e improvisacións en directo, onde non tes unha partitura que che indique o que tes que tocar exactamente, senón só unhas pautas que debes seguir.

Porque tocas un instrumento que en xeral, non se ve nos conservatorios?
A guitarra é un instrumento que permite ser acompañado pola túa voz (a diferencia de instrumentos de vento), cómoda dende o punto de vista de tocar en calquer lugar, e como se di: ti sola fas a festa!

silvia-villanueva-f3Fixeches algunha colaboración con algún artista coñecido?
Este verán, levouse a cabo un proxecto musical e humorístico xunto ao gran cómico e guionista José Manuel Campos Silvares, máis coñecido polos luareiros por “Sr. Lisardo” un vello repunante que lle fai a vida imposible ao médico rural de Portomeloso, o Doutor Bellino. “O Chaparrachá”, a canción que veu a luz o 19 de xullo do 2013 no LUAR entre moitas risas e aplausos, obtivo o recoñecemento do noso traballo común, que foi a mellor recompensa. Foi unha experiencia realmente gratificante que espero repetir moi pronto.

Que é o que máis che apasiona do teu traballo?
Sen dúbida algunha, subir a un escenario. A música non se disfruta sendo músico de habitación, senón que os demais poidan disfrutar do teu traballo tanto coma ti, porque aínda que ás veces non se valore tanto coma ser médico ou arquitecto, ser músico tamén é un traballo esixente e complicado de levar a cabo. Dende logo, poder definirse como tal é froito de moito esforzo no cal un mesmo é protagonista xunto cos membros do equipo.

Onde te ves dentro de 10 anos?
Hai dez anos, acababa de entrar na Escola Primaria, e non imaxinaba que dez anos despois estaría ao pé do cañón no plató de LUAR cantando a miña primeira composición “Non deixes que saia o sol” non só cara a xente que estaba alí, senón a todas as persoas que o estaban vendo en directo a través da televisión, dedicandome o seu tempo. Por iso, hoxe non podo imaxinar donde estarei en dez anos, só dicir que me gustaría chegar sempre máis e máis arriba.

Crees que o vestiario é relevante no seu traballo?
Despois de ser coñecida entre os compañeiros do LUAR como a “rapaza dos vestidos” en parte, escuso responder a esta pregunta por razóns obvias. Unha actuación non só depende do contido en si, senón que tamén dos preparativos. Cada semana do meu paso por Recantos 2012/2013, Sonia Negro (diseñadora de “La Más Koketa” de Lalín) maquinaba o meu vestiario dos venres: numerosos vestidos de cores e formas diferentes que marcan un estilo, e que logo se desenvolve na súa totalidade nas actuacións. O vestiario forma unha parte importante do show.

Aínda que eres moi nova, xa contas cunha importante silvia-villanueva-f4experiencia interpretativa. Que consello lle darías aos lectores de noticieirogalego.com que comezan no mundo do espectáculo?
Diríalles que as oportunidades aparecen en poucas ocasións na vida, cando chega un tren hai que collelo sen dubidar dúas veces, porque é posible que non poidas ter outra oportunidade coma esa, desanimarse é unha opción que non se pode plantexar, sempre hai que ter unha “enerxía positiva”. Recentemente tiven a oportunidade de coñecer a Jean Paul Hurier, inxenieiro de son francés, premiado internacionalmente no mundo do cine, díxome que con moito traballo, unha pizca de talento e un entorno profesional adecuado, o esforzo sempre se ve recompensado.silvia-villanueva-f5

 

Por: Silvia Villanueva Villanueva
Publicado o 11 de Outubro do 2013 | 11:57 a.m.

Outros temas de O Recanto de Silvia