publicidade hoxe
O posesivo - Cabecera

O posesivo

Os posesivos, xa sexan determinantes xa sexan pronomes, indican unha posesión, propiedade, pertenza ou unha simple relación de correspondencia.

Formas

As formas dos posesivos son as seguintes:

 

Un posuidor

Máis dun posuidor

 

Masculino

Feminino

Masculino

Feminino

                 

1ª persoa

meu

meus

miña

miñas

noso

nosos

nosa

nosas

2ª persoa

teu

teus

túa

túas

voso

vosos

vosa

vosas

3ª persoa

seu

seus

súa

súas

seu

seus

súa

súas

espantallo-2-Cando o posesivo vai anteposto a un substantivo terá que ir precedido dun determinante, normalmente un artigo e soamente hai algúns casos puntuais en que a presenza deste determinante non será obrigatoria.

Exemplos:

este éche o meu espantallo / recolle as túas faragullas

A presenza de determinante non é obrigatoria…

> Cando se trate dun substantivo que indique parentesco directo o uso será facultativo:

Exemplos:

-meu pai onte non me dixo nada / o meu pai onte non me dixo nada / fixérono nosos irmáns / fixérono os nosos irmáns…

> Nas exclamacións non se emprega o determinante:

Exemplos:

-meu Deus! / meu amigo, canto tempo tardaches!…

> En frases feitas:

Exemplo:

-meu dito, meu feito…

> Con nomes de seres singulares, divindades…

Exemplos:

-Nosa Señora da Barca / Súa Excelencia…

gamela-Cando queremos indicar unha posesión exclusiva ou moi intensificada empregamos a preposición DE coas formas do masculino singular (De meu, de teu, de seu, de noso, de voso e de seu)

Exemplos:

-hoxe temos coche de noso / xamais tivestes criterio de voso / aquel meu amigo era bo de seu…

fibela-Cando queremos indicar que varias persoas teñen o mesmo tipo de posesión empregaremos a forma CADA cos posesivos SEU, SÚA, SEUS e SÚAS que nos dará as formas cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas.

Exemplos:

-todos os cintos tiñan cadansúa fibela / trouxeron cadanseu galano / posuían cadansúas gamelas/ foron regar a cadanseus illós

Uso especial dos posesivos

> Podemos usar o posesivo dunha maneira afectiva, familiar…

Exemplos:

-o meu Xenxo non molesta nada / os teus aínda non chegaron? / non te lamentes mais, meu amigo!…

> Cando queremos indicar algo habitual:

Exemplos:

-Xa están a voltas coa súa soneca / sempre vou polo meu camiño / xa andan a facer das súas…

> Cando queremos indicar algo aproximativo:

Exemplos:

-De aquí á Coruña haberache os seus 25 quilómetros / xa debe de ter os seus cinco aniños…

> Outras veces queremos indicar unha cantidade grande:

Exemplo:

-a señora María xa te che os seus anos, ho…

> Tamén podemos indicar unha calidade habitual:

Exemplos:

-o seu non che é o deporte / aínda tardou abondo en volver ao seu…

Fraseoloxía:

*”Ser dereito coma a rabela dun arado” (Ser unha persoa inxusta ou retorcida)

*”Ter a alguén coma a un rato na rateira” (Ter a alguén moi protexido ou vixiado)

*”Andar coma Pedro pola súa súa casa” (Andar libre, sen preocupacións)

*”Andar coma unha chispa” (Andar moi rápido/a ou moi lixeiro/-a)

*”Gardar algo coma ouro en pano” (Gardar ou protexer algo moi prezado)

*”Ser máis fresco ca un xeado” (Ser unha persoa moi descarada)

Refraneiro:

regueiro*”Adoecido abril, cando non does nas costas does no cadril

*”Deus fixo a auga, o home o viño; respectemos a auga e bebamos o viño”

*”É mellor dar a pobre que pedir a ricos”

*”En febreiro deixa a fonte e vaite ó regueiro

*”O que fóra vai casar, leva chata ou vai buscar”

*”Por mor dos santos, bícanse as pedras; por mor das mozas, cortéxanse as vellas”

 logo nosa escrita

Por: Carlos Loureiro Rodríguez
Publicado o 13 de Febreiro do 2015 | 11:14 a.m.