publicidade hoxe
O artigo - Cabecera

O artigo

Neste apartado imos falar de dúas formas do artigo: o determinado e o indeterminado, aínda que neste segundo caso moitas das veces está moito máis próximo ao indefinido que á función que si emprega o determinado.

O artigo determinado

O artigo determinado vai presentar as seguintes formas:

 

Masculino

Feminino

Singular

O

A

Plural

OS

AS

Ademais tamén existe unha chamada segunda forma do artigo ou variante alomórfica, forma moi presente da lingua falada mais que podemos empregar ou non na escrita, sendo incluso aconsellábel non empregala neste segundo caso por mor de evitarmos as dúbidas á hora de escribir de se ten que levar guión ou non (tódolos libros, u-lo libro?) e ademais por culpa de ter que reacentuar a palabra (mercarás o agasallo / mercara-lo agasallo). As formas serían as seguintes:

 

Masculino

Feminino

Singular

(-)LO

(-)LA

Plural

(-)LOS

(-)LAS

CASOS EN QUE SE PODE EMPREGAR A VARIANTE ALOMÓRFICA

O seu uso será obrigatorio tras a preposición POR (como tamén se verá no apartado das contraccións de preposición + artigo) e tras o adverbio de lugar U.

Exemplos:

abano-rifaron entre eles polo abano.

-u-la aguillada?

Nos seguintes casos o seu uso será facultativo:

-Tras as formas verbais rematadas en -R ou en -S.

Exemplos:

-vou coller a albóndega / vou colle-la albóndega…

-viches o crocodilo? / víche-lo crocodilo?

axouxeres-Tras os pronomes persoais átonos NOS, VOS e LLES.

Exemplos:

-peiteóuno-las guedellas / peitenounos as guedellas; amosáronvo-los axóuxeres/ amosáronvos os axóuxeres; trouxéronlle-los berberechos/ trouxéronlles os berberechos…

-Tras os pronomes persoais tónicos NÓS e VÓS.

Exemplos:

-fixémolo nós os dous / fixémolo nó-los dous; trouxéstelo vós os tres / trouxéstelo vó-los tres…

beberechos-Tras AMBOS/-AS, ENTRAMBOS/-AS, TODOS/-AS, TRAS e a conxunción (E) MAIS.

*OLLO: nestes casos xamais levará guión.

Exemplos:

-fixeron o labor soamente entrambas as dúas /…entrámbalas dúas; ambos os dous estaban moi despistados / ámbolos dous…; todas as rapazas estaban a se divertir / tódalas rapazas…; víanse nubeiros tras os montes /…tralos montes; foron á feira el e mais a irmá /…e maila irmá.

Aquí cómpre lembrar unha vez máis que soamente se empregará a variante alomórfica tras “todos” e “todas” e xamais en singular polo que temos que evitar formas tan vistas como *tódolo… ou *tódala…

CONTRACCIÓN DO ARTIGO DETERMINADO CON PREPOSICIÓNS

A contracción do artigo determinado será de uso obrigatorio coas preposicións A, DE, CON, POR e EN.

 

O

A

OS

AS

A

ao / ó

á

aos / ós

ás

DE

do

da

dos

das

CON

co

coa

cos

coas

POR

polo

pola

polos

polas

EN

no

na

nos

nas

Temos que evitar na escrita as formas *ca e *cas moi presentes na lingua falada e empregar sempre COA e COAS.

Teremos que realizar sempre as contraccións co artigo que forme parte dun topónimo.

Exemplos:

-Teremos que pasar pola Coruña; veñen do Incio…

O artigo indeterminado

O artigo indeterminado presenta as seguintes formas:

 

Masculino

Feminino

Singular

UN

UNHA

Plural

UNS

UNHAS

E temos que realizar a contracción do artigo indeterminado coas preposicións DE, EN e CON.

 

UN

UNHA

UNS

UNHAS

DE

dun

dunha

duns

dunhas

EN

nun

nunha

nuns

nunhas

CON

cun

cunha

cuns

cunhas

NOTA: cando antes dun artigo (determinado ou indeterminado) vai unha preposición que non forme parte da mesma frase ca o artigo non se realizará a contracción.

Exemplos:

-de o(un) adestrador chegar antes non perderiamos o partido (a preposición “de” vai con “chegar” e non con “o(un) adestrador”)…

Fraseoloxía:

peneira*”Andar/ir/vir na brasa (Que unha persoa anda, vai ou vén moi rápido)

*”Andar coa cabeza a paxaros” (Andar despistado/-a ou non centrado/-a nun tema)

*”Andar en coiros” (andar espido/-a)

*”Ter moita dor dos cartos” (ser unha persoa moi avarenta)

*”Andar cunha man diante e outra detrás” (Ser unha persoa pobre, non ter cartos…)

*”Pasar pola peneira (Mirar e remirar unha cousa antes de se decidir)

Refraneiro:

*”En agosto nace a auga tras dun toxo”

*”Non as fagas e non as temas”

*”Nunca faltou un roto para un descosido”

*”O boi non é onde nace senón que onde pace”

*”O gato escaldado da auga fría foxe”

*”O pouco chega e o moito acábase”

 logo nosa escrita

Por: Carlos Loureiro Rodríguez
Publicado o 20 de Xaneiro do 2015 | 7:53 p.m.

Outros temas de A nosa escrita