publicidade hoxe
Juan Carlos Valerón, o poeta do fútbol - Cabecera

Juan Carlos Valerón, o poeta do fútbol

Ao centrocampista que é quen de escribir
os mellores versos cun balón nos pés

Da súa familia herdou o maior Tesouro do Mundo, a humildade, a modestia, a bondade. Sendo ben cativo gustaba de xogar a construír castelos de area na praia das Marañuelas, nas tranquilas augas do se Arguineguín natal. Foi daquela cando principiou a dárlle as primeiras patadas ao balón e foi daquela tamén (co mesmo balón) cando lle rompía as macetas das plantas á súa nai coa complicidade do seu irmán. Os seus amigos, que son moitos, chámanlle Juan Carlos e el responde sempre cun cariñoso sorriso. Gústa de desaiunar gofio e de xantar caldeirada de peixe ou papas ou arroz á cubana… sempre e cando sexan preparados pola súa nai.

Del aprendimos que as cousiñas máis sinxelas da Vida, as que non se poden mercar con cartos, como a autenticidade ou o amor son as cousiñas máis importantes e máis difíciles de acadar. Velaí o seu grande segredo, como xogador e como persoa. Ten dito que xoga ao fútbol polo amor de Deus e ten dito, tamén, que lle fai a mesma ilusión xogar no Dépor en segunda que facelo coa Roxa.  Os siareiros de todo o Uni(verso) fútbol, bérranlle ao unísono, Valerón, Valerón…Va-le-rón! E el, brazo ao Ceo, saúda afectuosamente.

En definitiva, Iniesta dixo del que pagaría unha entrada por velo xogar. Del Bosque ten comentado en máis dunha ocasión que encaixaría perfectamente na selección. E eu, permitídeme a licenza, digo que este xogador, que é quen de escribir os mellores versos cun balón nos pés, todo un referente no planeta – fútbol é unha excelente persoa, todo un exemplo para todos os rapaces e rapaces que amades este deporte. E cando dentro de vinte ou trinta anos vos pregunten se recórdades o I Campus organizado polo Sporting Estrada, dirémoslle, sen dúbidalo nin un intre:  e como nos imos esquecer se o Poeta do Fútbol estivo na miña vila… E como nos imos esquecer se Juan Carlos Valerón estivo na Estrada.

Por: Xosé Luna Sanmartín
Publicado o 6 de Setembro do 2013 | 2:38 a.m.

Outros temas de Da lectura e outras "Cousiñas"