publicidade hoxe
Joselu: “Debutar no Bernabeu e facer un gol a pase de Cristiano Ronaldo é algo que non se esquece” - Cabecera

Joselu: “Debutar no Bernabeu e facer un gol a pase de Cristiano Ronaldo é algo que non se esquece”

Joselu esta temada nun partido da Bundesliga co Eintracht

Cando se lle pregunta por un soño, o primeiro que lle ven á cabeza a Joselu, Selu para os amigos, é un xa cumprido; o seu debut no Bernabeu. Non é que non lle queden moitos por diante, vaia que se lle quedan, pero marcar un gol a pase de Cristiano Ronaldo o día da túa estrea, é como para soñar con máis calma. Despois de terse especulado moito co seu regreso ó equipo branco, Joselu ven de asinar por catro tempadas co Hannover, polo que polo de agora queda na Bundesliga. Aquí pechou esta tempada sendo o máximo goleador do seu equipo (o Eintracht), e aquí falar deste galego nacido en Alemaña é falar dun dos dianteiros máis valorados do momento.

Joselu

Nome: José Luis Mato Sanmartín (Sttugart, 1990)

Un lugar: Silleda

Un hobby: a Playstation

Unha comida: churrasco

Unha virtude: compañeirismo

Un defecto: testán

Un soño: cumprido. Debutar co Real Madrid no Bernabeu e cun gol.

En primeiro lugar, benvido a Galicia Joselu e grazas por conversar connosco nestes días de vacacións que tes. Acabamos de coñecer a túa fichaxe polo Hannover por catro tempadas. Contento?

Si, moito. A verdade é que é unha gran oportunidade para min esta que me está a ofrecer o Hannover. É un equipo moi importante en Alemaña e espero poder xogar como xoguei este último ano e estar a altura do equipo.

Como defines ó Hannover como equipo? Por que cres que podes encaixar aquí?

É un equipo exemplar, moi serio e que traballa moi ben. Creo que fan as cousas como hai que facelas. Falei con todo o corpo técnico e vin que o seu xeito de xogar me ven moi ben. Xogan dunha maneira moi ofensiva que creo que pode encaixar á perfección co meu estilo de xogo.

Falouse moito da posibilidade da túa volta ó Real Madrid, con esa opción de recompra que aínda tiñan, non sei se queres dicir algo sobre este tema…

É certo que houbo chamadas e que estivemos en contacto, pero bueno ó final on se chegou a concretar nada.

E que supón isto para ti? Porque o que está claro é que es un xogador que quere xogar, non? A sensación canda menos é esa…

Para min o importante é iso. Teño 24 anos e necesito medrar como xogador. O primordial neste momento é ter minutos e agora no Hannover teño unha oportunidade enorme porque é un gran equipo. Dende logo non a vou desaproveitar.

Joselu esta temada nun partido da Bundesliga co EintrachtXa coñeces a Bundesliga, xogaches esta última tempada co Eintracht. Como foi a cousa? Custou adaptarse?

Os principios sempre son complicados, iso está claro. Pero o importante non son eses primeiros pasos senón como remata a cousa. Neste caso o importante é como acabei a tempada e que cada día estou máis contento alí.

Moitas diferenzas coa Liga española?

Si, son moi diferentes. Alí os estadios están sempre cheos, iso xa para empezar, cousa que aquí non pasa. E os alemáns viven o fútbol doutra maneira. Eu vivo o día a día de alí e percibo eses cambios, tanto no meramente deportivo como en todo o demais.

E como saíu a tempada? Como valoras o traballo do equipo?

Empezamos regular pero o importante, tamén aquí, é como rematamos. A última parte foi moi boa, e a tempada finalizou de maneira impresionante. O equipo fixo un gran esforzo xogando tres competicións e con iso é co que temos que quedarnos.

Joselu no partido do seu debut no Bernabeu, celebrando o gol con Cristiano Ronaldo

E o teu traballo a nivel persoal? Como che foron as cousas?

Pois a verdade é que moi ben. Rematei con 14 goles e como máximo goleador do equipo e agora paso por un momento moi bo. O meu obxectivo neste momento é manterme neste nivel, no máis alto que poida, e seguir aproveitándoo o máximo, traballando duro para non baixar de nivel.

Como te definirías como xogador Joselu? Cales cres que son os teus puntos fortes? E os débiles?

Pois creo que son un dianteiro bastante completo, que me gusta rematar coas dúas pernas e coa cabeza e diría que precisamente un dos meus puntos fortes, coa estatura que teño, é o xogo aéreo. E polo outro lado, se teño que dicir algo, quizais sexa a velocidade. Gustaríame ter un chisco máis de velocidade pero por sorte iso é algo que se pode mellorar e continúo traballando para que así sexa, na medida do posible.

E que mJuanlu nun partido co Real Madrid Castela  (2010)e dis do país? Porque vale que nacer naciches en Alemaña, pero creo que de alemán pouco, ou que? (Risas)

Alemaña é un país que a moitos niveis funciona moi ben, e pouco a pouco acostúmaste a todo. En canto ó alemán… Parece que non pero aínda me defendo bastante ben! (Risas). O que está claro é que para min Silleda sempre foi, e sempre será, o mellor. Unha parte de min sempre está en Silleda, que foi onde me criei e onde lle din as primeiras patadas a un balón. Xa só tendo isto en conta… Son os meus mellores recordos, o máis importante para min.

Xa te coñecemos un pouco como xogador, e agora pregúntoche pola persoa. Como é Joselu como persoa? Para coñecerte un pouco mellor, como é Joselu na casa?

Pois son unha persoa tranquila pero ó mesmo tempo con moito nervio! Non podo estar quieto e sempre estou metido nalgunha cousa, sempre teño que estar facendo algo. Agora ben, tamén me gusta moito estar na casiña.

Joselu nun partido co Celta de VigoSe non me engano tes unha virxe tatuada no ombro, non? Moi relixioso?

Esa tatuaxe fíxena polos meus avós. Eles eran moi relixiosos e sempre me acordo moito deles, así que é algo que levo sempre comigo. Non é a única tatuaxe que teño, teño bastantes máis por aí espallados!

Algunha superstición ou manía antes de saír ó campo?

Cando saio ó campo gústame saír con todo ben colocado; as medias, as botas e todo ben posto no seu sitio. Aínda que despois durante o partido todo acabe descolocado e onde non debe.

Cal é o teu mellor recordo como futbolista? Que momento gardas con máis agarimo?

O mellor recordo para min é o do día que debutei no Bernabeu e fixen un gol a pase de Cristiano Ronaldo, iso non se esquece.

Joselu nas categorías bases do Celta, onde comezou a súa carreira profesionalE o peor? Ese que quixeras esquecer…

Cando estaba coa selección Sub 20 a punto de ir xogar o Mundial de Exipto e rompín o ombro. Quedei sen poder xogar o Mundial e foi moi duro.

Falemos dos principios Joselu, como recordas os primeiros anos, os anos do Celta…

Era moi pequeno, era un neno que acababa de saír de Silleda e foron uns anos incribles. Eu sempre quixen xogar ó fútbol, sempre foi a miña paixón, así que aqueles anos cargados de torneos e comezando a vivir todo este mundo, foron incribles.

Despois chegou o Castela e houbo que marchar a Madrid. A quen lle debes máis, ó Celta ou ó Madrid? A quen queres máis, a papá ou a mamá? (Risas)

Débolle todo ós dous, tanto a un coma ó outro. A pregunta si que vai un pouco por aí así que si, a papá e a mamá sempre os quererei igual (risas).

O seguinte paso foi o salto a Alemaña. Primeiro no Hoffenheim, un equipo novo, non? Bastante diferente do que coñeceras ata entón…

Foi moi complicado porque ademais tivemos un ano con bastantes problemas deportivos. Tivemos moitos adestradores e foi un ano difícil. Ademais de adaptarse a unha Liga nova e a un país diferente, a situación do equipo tamén era peculiar, porque estaba atravesando un momento complexo. Pero ó final todo é experiencia e todo suma. Son momentos que tamén hai que vivir e que te fan medrar como xogador e madurar como persoa.Joselu nos adestramentos coa selección. Xogou coa Sub 18, a Sub 19 e a Sub 21

A Bundesliga tamén te obrigou a pasar moitas horas no ximnasio. Os defensas alemáns son outro cantar…

Si, o traballo físico é moi importante! Máis aínda neste caso e nesta liga, que é moi forte e require moita preparación. Eu este ano tiven un adestrador persoal, e ademais dos adestramentos no Frankfurt, polos tarde adestraba con el tres ou catro días á semana.

E que me dis da selección? Que supón para un xogador xogar coa selección?

Pois é un privilexio. Tiven a sorte de ir á Sub 18, Sub 19 e á Sub 21 e dende logo é o mellor que lle pode pasar a un xogador. É unha sensación única e a nivel persoal un gran orgullo. Primeiro porque representas ós teus e ademais porque é un recoñecemento ó teu traballo e ó teu xogo e o único que queres é dalo todo e non defraudar.

E se o salto á absoluta non chega, dis que non descartas a alemá. Cres que pode sentar mal isto?

Bueno, teño outras cousas na cabeza agora mesmo. Vou día a día e se chega a oportunidade pois moi ben, e se non chega pois podemos barallar outras cousas.

Pois moitas grazas por conversar connosco Joselu e moita sorte para esta etapa que comezas!

Joselu é moi querido en Silleda, onde hai unha Peña que leva os eu nome

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 20 de Xuño do 2014 | 11:35 a.m.

Outros temas de Dende a Bancada