publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
O Grove

Información de Interese O Grove

Teléfonos de interese:

  • Concello:
    986 730 975
  • Policía Local:
    986 733 333
  • Garda Civil:
    986 735 936
  • Protección Civil:
    986 732 255
  • Centro de Saúde:
    986 730 479
  • Centro Médico O Grove:
    986 732 157
  • Servizo médico permanente:
    986 731 100
  • Oficina de información turística:
    986 731 415
  • C.I. da Naturaleza da Siradella:
    986 680 284
  • Farmacia Pedro Pardo Pemán:
    986 730 018
  • Farmacia Baltar:
    986 732 134
  • Farmacia M.ª Lourdes Castelao:
    986 730 912
  • Farmacia Varela Canedo:
    986 731 631
  • Farmacia Carmen Mozos:
    986 738 003
  • Taxis O Grove:
    986 730 161
  • Taxis Illa da Toxa:
    986 732 664

Festas:

Diversas festas se celebran ao longo do ano no municipio do Grove. Festas nas que a gastronomía está sempre moi presente e diversas manifestacións culturais acompañan as celebracións.

FESTA DO MARISCO

Desde 1963 celébrase, ao chegar o mes de outubro, a Festa do Marisco neste municipio das Rías Baixas galegas.

Este evento gastronómico-cultural pon de relevo os piares básicos da economía desta vila costeira: o turismo e a pesca. Ambos conxugados fan posible que esta festa de promoción cultural siga adiante.

XORNADAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLA

Durante a ponte da Constitución, a principios de decembro, en canto abre a veda deste exquisito marisco, réndeselle homenaxe.

Os restaurantes grovenses ofrecen este manxar con receitas tanto innovadoras como tradicionais. Unha oportunidade única para degustar, a prezos populares, as exquisiteces deste crustáceo.

FESTA DE SAN MARTIÑO

Festa en honra ao patrón do Grove. Celébrase o 11 de novembro e ao longo do día sucédense actos culturais, relacionados co Samaín, xunto coas celebracións relixiosas e os tradicionais magostos.

FESTA DO CARME

Ten lugar a mediados do mes de xullo, o día 16 é o seu ‘día grande’. A praza do Corgo convértese no lugar de encontro principal de todas as actividades folclóricas, lúdicas, relixiosas e de culto ao mar e ás súas xentes.

A tarde do 16 os mariñeiros saen en procesión marítima acompañando a imaxe da Virxe do Carme, a quen se lle rende culto, para depositar unha ofrenda floral en memoria daqueles que deixaron a súa vida no mar.

ENTROIDO

Febreiro, ademais de ser un dos mellores momentos para saborear marisco, conta tamén cunha das festas máis desexadas do ano: o Entroido.

Dende as ceas de comadres e compadres, na semana anterior ao martes de Entroido, ata o Domingo Fareleiro, hai tempo para os disfraces, as orellas e as filloas, a lacoada e outros manxares de inverno.

No Entroido do Grove destacan:

– As comparsas: agrupacións que cos seus cantos e postas en escena satirizan os acontecementos do último ano.

– O desfile da tarde do martes: discorre polas principais rúas da vila ata ben chegada a noite.

– O solemne enterro de dona Sardiña: o venres seguinte, no peirao do Corgo

FESTAS DE SAN VICENTE

Ao longo do ano celébranse numerosas festas na parroquia de San Vicente, festas de orixe relixioso como as do Patrón ou do Sacramento, e outras de orixe pagán como as de San Juan ou o Con Negro Paraxe Festival.

DESEMBARCO PIRATA

Evento temático basado no feito histórico que aconteceu durante os anos 1798 e 1801 nas costas de San Vicente do Grove.

Teléfonos de interese


Concello:


986 730 975


Policía Local:


986 733 333


Garda Civil:


986 735 936


Protección Civil:


986 732 255


www.concellodogrove.es


www.turismogrove.es


Máis información [+]