publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
O Corgo

Información de Interese O Corgo

Festas:

Na primavera e verán celébranse a festa da mocidade e a festa do fin do verán, esta última ten lugar na praia fluvial.

As feiras a destacar teñen lugar na parroquia de Adai coa feira de gando vacuno e a feira do cabalo, o terceiro domingo de xuño.

Case todas as parroquias teñen a súa propia festa:

2º domingo de maio en honra a San Anxo na parroquia de Ansean.

A mediados de maio As virtudes en San Miguel de Piedrafita.

O primeiro domingo seguido de Corpus a festa en Santalla do Alto.

14 de Xuño San Xoán nas parroquias de Cela e Segovia.

O sábado seguinte San Pedro na parroquia de Cerceda.

O 25 de Xullo celébrase Santiago o Adai e Gomean.

O primeiro domingo de Agosto en San Cristóbal de chamoso e Sanfiz de Paradela.

O segundo domingo de Agosto en san Andrés de Chamoso en honra a San Ramón.

O 15 de Agosto a festa en honra á nosa Señora nas parroquias de Marei e Farnadeiros.

O domingo seguinte ao 15 de agosto en Laxosa en honra á nosa Señora.

O día 16 de agosto celébrase San Roque nas parroquias de Franquean e Sta Mª de Piñeiro.

O 24 de Agosto a San Berto na parroquia de Abragán.

O 8 de Setembro en Fonteita e Arxemil en honra aos Remedios.

O domingo que coincida entre o 15 e o 20 de Setembro a festa o Corgo.

A finais de Setembro e primeiros de Outubro a festa de Queizan.

Teléfonos de interese


Concello:


982 302 100


www.concellodocorgo.net


Máis información [+]