publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
Laza

Información de Interese Laza

Festas:

O tradicional Entroido é a celebración máis concorrida de todas as que se celebran en Laza ao longo do ano. A partir do primeiro día do ano e durante todos os domingos a xuventude de Laza percorre a vila anunciando, a modo de preámbulo, a celebración desta festa, que acada o máximo apoxeo o domingo e o martes de Entroido, únicos días en que saen á rúa os ‘peliqueiros’ con carantoñas que perseguen ao público, botándolles formigas e fariña. Parodian así aos recadadores de impostos que esixían fortes tributos de parte dos condes de Monterrei.

Pero unha das festas máis interesantes desta terra é o Santo Cristo, o 3 de maio, coa representación de Adán e Eva como símbolo do espírito da vexetación; os Danzantes e o Auto do Sacrificio de Isaac. A festa comeza o 30 de abril, día en que os mozos da localidade chaman aos veciños para ir na busca dunha árbore, o maio, que lle rouban a un veciño instalándoo no medio da praza con certos afeites.

A Romaría da Virxe da Pena Talla, en Cerdedelo, o último domingo de maio.

A Festa de Santiago, o 25 de xullo, coa loita entre mouros e cristiáns.

Teléfonos de interese


Concello:


988 42 20 02


Protección civil:


988 42 21 12


Centro de saúde:


988 42 22 17


www.laza.es


Máis información [+]