publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
Laxe

Información de Interese Laxe

Outros teléfonos:

  • Confraría de Pescadores:
    981 728 100
  • Estación de Servizo:
    981 735 050
  • Farmacia Beatriz Pose Vilarnovo:
    981 735 332
  • Farmacia Piar Astray:
    981 735 418
  • Xulgado:
    981 735 010
  • Parada de Taxis:
    981 728 112
  • Policía Local:
    981 706 903 (extensión 217)
  • Urxencias Ponteceso:
    981 714 802

Festas:

Festas Populares de Laxe

En Semana Santa
A semana Santa de Laxe estase convertendo nun dos reclamos turísticos máis destacados do Concello de Laxe fóra da época estival. Cada ano increméntase o número de asistentes aos oficios relixiosos e ás diferentes procesións, especialmente a procesión do Santo enterro ou Rosario da Boa Morte.

O Domingo de Ramos, ás 12:30 h. ten lugar a Bendición dos ramos na Praza de Ramón Juega e a procesión cara á Igrexa.

O Xoves Santo, a partir das 20:00 h. ten lugar a procesión do Nazareno e da Virxe Dolorosa. A continuación a misa con lavatorio de pés. Durante toda a noite diferentes persoas da Vila cantan versos ao Santísimo e á Virxe.

O Venres Santo é o día principal da semana santa. Ás 11:00 h. ten lugar a procesión e predicación do Encontro do Señor coa Virxe na rúa da Amargura (Praza de Ramón Juega). Ás 19:00h. ten lugar o Desenclavo e a continuación a Procesión dos Caladiños. Ás 23:00 h. celébrase a Procesión do Santo Enterro e Rosario da Boa Morte (a procesión máis tradicional e concorrida da Vila, onde homes e mulleres, separados en dous grupos, cantan por quendas ao “Señor” o “Rosario da Boa Morte”).

No Domingo de Pascua de Resurrección ten lugar, ás 12:30 h. a Procesión do Santísimo e encontro de “Xesús resucitado” coa “Virxe” (Praza de Oriente).

En Xullo
O 21 de Xullo celébrase a Festa da Cruz da Rosa na ermida de Santa Rosa.

Moi popular e concorrida xa que ten moita sona entre ás xentes de toda a bisbarra.

Festas Populares en Nande

En Maio
15 de Maio: Festa dedicada a “San Isidro Labrador”, no lugar de Matío.

En Xuño
13 de Xuño: Festa dedicada a “San Antonio no lugar de Aprazadoiro.

14 de Xuño: Festa dedicada a “San José” no lugar de Aprazadoiro.

En Outubro
28 de Outubro: Festa dedicada ao patrón da parroquia, “San Simón”, no lugar de Matío.

En Decembro
8 de Decembro: Festa dedicada á “Inmaculada Concepción”

Festas Populares en Sarces

En Maio
No mes de Maio, o Xoves de Ascensión celébrase a “Ascensión de María”, no lugar da Torre.

En Agosto
O 10 e 11 de Agosto celébrase a festa dedicada ao patrón, “San Amedio no lugar da Torre.

Festas Populares en Serantes

En Xullo
O primeiro Sábado e Domingo do mes de Xullo celébrase en Serantes a festa dedicada a “San Antonio e ao “Rosario”, respectivamente.

En Setembro
O segundo Sábado e Domingo do mes de Setembro celébranse as festas dedicadas a “San Roque” e á patroa, “Santa María”.

Festas Populares en Soesto

En Xullo
O segundo Sábado e Domingo do mes de Xullo celébranse as festas en honor á “Ascensión” e o “Sacramento” respectivamente.

En Agosto
Outra das festas que se veñen celebrando nesta parroquia en Agosto pero sen día prefixado é a chamada “Festa da Braña”, romaxe popular que ten lugar na Braña, ao lado da praia de Soesto, con comida campestre e bailes tradicionais.

En Decembro
26 de Decembro: Festa en honor do patrón, “San Esteban.

27 de Decembro: Festa dedicada a “San Roque”.

Festas Populares en Traba

En Febreiro
O 2 de Febreiro celébrase a festa de “Ás Candeas”.

En Xuño
O 24 de Xuño celébrase unha festa dedicada a “San Juan e ao “Sacramento”.

En Agosto
O cuarto domingo e luns do mes de Agosto celébranse as festas de maior importancia na parroquia, as dedicadas á “Virxe dos Milagres” e a “San José”, respectivamente.

En Decembro
O 30 e 31 de Decembro celébranse as festas dedicadas ao patrón “Santiago”.

Teléfonos de interese


Concello:


981 70 69 03


Centro de saúde:


981 73 51 99


Garda Civil:


981 72 80 38


Cruz Vermella:


981 72 80 03


www.concellodelaxe.com


Máis información [+]