publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
Irixoa

Información de Interese Irixoa

Festas:

Irixoa é un concello cunha gran tradición festiva que comeza en xaneiro coa celebración en Ambroa-Graña do San Tirso.

En maio son as festas en honor a Santa Tareixa en Verís-Lousada; o 24 de xuño o San Xoán na Viña-O Chao da Viña.

Xa en agosto, o 4 e 5 a Virxe das Neves en Mántaras-San Antón, o 6 e 7 o san Salvador en Coruxou e o 10 e 11 o san Lourenzo en Irixoa-Cruce.

Tamén se celebra o 31 de agosto e o 1 de setembro o san Ramón en Ambroa-Graña, a terceira fin de semana de setembro a Nosa Señora dos Milagres en Verís e xa en outubro, o día 12, a Virxe do Pilar en Irixoa-Catro Camiños e o san Simón en Cela-Mántaras.

No mes de novembro festéxase o san Martiño en Churío-Cerro e en decembro a Santaia no lugar do Chao da Viña.

Dentro do almanaque festivo tamén destaca a Festa da Árbore, a finais de maio ou principios de xuño, e o Certame do Cabalo, que ten lugar no Chao da Viña o 15 de agosto.

Ademais os días 6, 15 e 24 de cada mes celébrase a feira na Viña.

Teléfonos de interese


Concello:


981 79 30 01


Centro de saúde:


981 79 32 37


Garda Civil:


981 79 30 11


www.irixoa.es


Máis información [+]