publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
Aranga

Información de Interese Aranga

Festas:

Destaca a celebración da Romaría da Santa Cruz na igrexa parroquial de San Paio de Ponte Aranga, o día 3 de maio e o domingo seguinte (‘Santa Cruz Grande’ e ‘Santa Cruz Pequena’).

É frecuente nestes días recoller auga da ‘Fonte Milagrosa de Santa Cruz’, logo pásase pola cruz, réganse os campos e móllase o gando. A romaría festéxase cunha comida campestre á beira do Mandeo.

Aínda que esta celebración é a máis famosa, nas distintas parroquias celébranse, tamén, festas na honra do patrón.

Hoxe en día é tamén tradicional a celebración da ‘Festa da Árbore‘, o último venres do mes de maio en Ponte Aranga.

Na Castellana celébrase unha feira o día 3 de cada mes e en Cambás os días 2 e 17. No mes de agosto, o 3 e o 4, celébrase a festa de San Salvador e o 18 do mesmo mes a festa do Neno Deus, en Bergondo. En Guísamo honran a San Ramón os días 31 de agosto e 1 de setembro.

Outras celebracións son a festa de San Xusto a finais de maio, en Vilarraso, parroquia que tamén celebra do 10 ao 12 de agosto o San Lourenzo. En Cambás celebran o 17 e 18 de setembro a Virxe das Angustias e o 29 de xuño o San Pedro, que tamén é honrado en Feás. No mes de setembro tamén se celebra a festa da caza.

Teléfonos de interese


Concello:


981 793 551


Centro de saúde da Castellana:


981 789 514


Centro de saúde de Muniferral:


981 793 573


www.aranga.es


Máis información [+]