publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Laracha

Información de Interese A Laracha

Festas:

Destaca a Romaría dos Milagres de Caión, que se celebra en setembro.

Festas patronais do Concello da Laracha, do 15 ao 17 de agosto.

Ademais cada parroquia celebra cadansúa festa patronal. Festa de San Gregorio, o 12 de marzo na Igrexa de Santa Margarida de Montemaior.

San Isidro Labrador, celébrase o domingo máis próximo ao 15 de maio, festividade de San Isidro, patrón da xente do campo.

Festa das Cereixas, o primeiro domingo de xullo, na Parroquia de Lestón, en concreto no campo da feira de Paiosaco. É unha das principais festas gastronómicas do municipio.

A Festa do Carme en Caión, o 16 de xullo, sempre que cadre en fin de semana. De non ser así, pasa ao sábado seguinte. O día anterior, celébrase nesa mesma parroquia o Corpus Christi. É típica a alfombra floral confeccionada con sal e pétalos. Na parroquia de Montemaior está o santuario de Santa Margarida, lugar onde se celebra o 20 de xullo unha romaría.

En Soandres é a romaría de Santa Marta o 29 de xullo e na parroquia de Santa María de Torás recuperouse a romaría que leva o seu nome e que ten lugar o 16 de agosto.

Teléfonos de interese


Concello:


981 605 001


Policía Local:


686 995 477


Edificio administrativo:


981 612 811


Garda Civil:


981 605 009


www.concellolaracha.com


Máis información [+]