publicidade hoxe
Fibromialxia - Cabecera

Fibromialxia

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

A Fibromialxia considérase unha enfermidade reumática de causa descoñecida. Atribúenlle desencadenantes emocionais e o estrés crónico ten un papel importante. O diagnóstico faise pola exploración de puntos dolorosos e os síntomas referidos polos pacientes. Todas as enfermidades reumáticas comezan por procesos de permeabilidade intestinal, polo que, limpar e estimular o sistema dixestivo a nivel hepato-biliar e repoboar a flora intestinal son aspectos terapéuticos importantes.

A sobrecarga do fígado causada por procesos inflamatorios fai que aumente a probabilidade de que apareza dor. A inflamación neste tipo de patoloxías está moi relacionada coa relación omega 6 /omega 3 que debera ser de 2,6 a 1. A alimentación actual conleva unha relación 15 a 1. Polo que é recomendable a toma dun suplemento de omega 3 e reducir ao máximo as fontes de ácido araquidónico (omega 6): carne de porco, tenreira, embutidos, ovo, aceites vexetais refinados (xerme de trigo, soia, xirasol, gran de uva e millo), margarinas…

O tratamento dietético baséase en:

- Toma un vaso de auga morna con 2-3 gotas de limón antes de almorzar, xa que predispón ao baleirado intestinal e estimula a vesícula. Ademais é de gran axuda para restablecer o equilibrio ácido-base. A dieta occidental é moi acidificante, e con frecuencia provoca cansazo, palidez, dor de cabeza, baixóns de ánimo, contracturas musculares, caries, caída de cabelo e uñas quebradizas. O ácido cítrico do limón diluído, xera un tampón citrato de carácter alcalinizante.

- Evita irritantes hepáticos: café, fritos, alcohol, azucre (dextrosa, glucosa, maltosa, lactosa, fructosa, mel), leite (iogur, queixo), graxas procesadas (saturadas etrans), hidratos de carbono refinados (pan, pasta, galletas, boiería), aditivos, colorantes e conservantes, alimentos procesados ou moi elaborados e carnes vermellas.

musculos- Evita tamén, espárragos, coliflor e breco pois reducen a capacidade detoxificadora do fígado.

- É fundamental, evitar o estrinximento e repoboar a flora intestinal. Aumenta o consumo de espinacas, remolacha, queixo de cabra, mazá raiada, cebola e aceite de oliva de primeira presión en frío.

- Activa a túa Enerxía Vital coa Dieta Coherente.

- Establece un horario fixo de 5-6 comidas, tendo en conta:
– En todas as comidas debe haber proteína, graxa e hidratos de carbono.
– Tres comidas principais e un/dous tentempés.
– Non deixes pasar máis dunha hora, desde que te levantas sen almorzar.
– Non deixes pasar máis de 4-5 horas entre comidas.
– Se pasan máis de 3 horas desde a cea á hora de deitarte, debes tomar un snack (tipo media mañá ou merenda).

Almorzo:

> 2 culleriñas dosificadoras aceite Enerzona Omega 3 RX

> Café / té vermello con bebida de avena (edulcorar con stevia ou sucralosa), 3 racións de graxa favorable (1 ración = 1 noz = 3 abelás ou améndoas = 5 cacahuetes = 6 pistachos = 1/3 culler aceite oliva = 3 olivas = 1/4 aguacate) e elixe unha opción:

- 1 pan amb tumaca e unha peza de froita-20 g pan integral, 1 rebanda de tomate, 1 culler de aceite e 1 rebanda xamón serrano- (sen froitos secos).
- Dous roliños de xamón ou pavo, 2 pezas de froita.
- Unha tostada con marmelada sen azucre (nin manteiga) e unha rebanda de xamón cocido.
1 ovo revolto.

Media Mañá:

- Unha peza de froita, unha noz e 1 rebanda de xamón serrano, queixo ou xamón cocido.
– Bocadilliño de friame magro ou salmón.

Comida: regra do prato

- 1/3 do prato de proteína favorable: peixe –branco ou azul- ou carne magra/tenreira/polo/pavo/claras).
- 2/3 do prato de HC favorables: guarnición.
-verdura, ensalada, minestra-, caldo/puré vexetal ou froita*.
- Graxas insaturadas: 1 culler aceite de oliva = 3 noces = 9 abelás ou améndoas = 15 cacahuetes = 18 pistachos = 1/2 aguacate = 9 olivas).

*HC menos favorables (pan, pasta, arroz, patacas, cereais, plátano, pasas, uvas, cenoria, remolacha, cabaza, millo, SÓLO 1/3, INTEGRAIS, “al dente” e non mesturar).

> Merenda: igual que a media mañá.

Cea: regra do prato ou outras opcións:

dolor-de-cabeza- Ensalada coherente:

- 1/3 prato de proteína: tacos xamón cocido, tacos de polo á prancha, atún en conserva (cristal), queixo burgos, sardiniñas, ovo cocido, salmón, etc.
- 2/3 de HC: mestura de leitugas (mellor amargas e de folla pequena), cebola, tomate, cenoria, apio, froitas de temporada, etc.
- Graxa favorable: 3 noces, ½ aguacate, 9 olivas ou aceite de oliva para o aliño.

> Revolto de algas, espárragos, atún, etc. Froita de sobremesa.
> Sándwich vexetal: xamón, queixo, leituga, tomate, cebola, espárragos, cenoria, etc. (untar cunha culler de aceite).

- Aumenta o consumo de especias que melloran a resposta á dor como: alfábega, romeu, cúrcuma, xenxibre fresco.
- Non mestures féculas na mesma comida: pan, pasta, arroz, patacas, plátano, millo, remolacha, cabaza.
- Practica exercicio moderado ao menos un pouco máis do habitual. 40 minutos de camiñata ao día.
- Practica tamén técnicas de relaxación, ioga ou Pilates para mellorar a elasticidade e a postura corporal en reducir o estrés.
- Bebe de 1,5-2 litros de auga ao día. Mellor fóra das comidas.
- A preparación dos alimentos será á prancha, cocidos, vapor, forno…. Evita preparacións culinarias que incorporan moita graxa: fritos, guisos, empanados, potaxes, etc.
- Podes condimentar a comida (limón, vinagre, especias, pementa…) para dar sabor ós pratos.
- Modera a cantidade de sal. En caso de retención de líquidos é recomendable o “sal sen sodio”.
- A coca-cola, o café, el mate e o té son acalóricos, pero son potentes estimuladores da insulina, da inflamación, dor e do almacenamento de graxa corporal, polo que reduce o seu consumo e se os tomas, que sexan o almorzo xunto con outros alimentos con fibra. O resto do día tómaos descafeinados.
- Toma polas noites unha taza deste caldo depurativo antes da cea. Ferve en 2 litros de auga sen sal e mantén a fogo lento 40 minutos: media leituga, 2 porros, 2 cenorias, 1 cabaciña pequeno, 1 rama de apio, 2 nabos, medio repolo verde, tomiño, loureiro e estragón. Cólao e resérvao na neveira. Podes utilizar as verduras para cremas ou purés para os xantares.

SUPLEMENTOS:

- Homeosor Drenalinemax: para desintoxicar o organismo, estimular fígado e vesícula, mellorar as dixestións e reducir os depósitos de graxa. Tamén axuda a controlar o colesterol e triglicéridos. Engade 2 tapóns en litro e medio de auga e ir bebendo ao longo da mañá, durante 14-28 días.
- Enerzona Omega-3 RX (EPA e DHA): 5 g/día (5 ml ou 8 cápsulas). Mellora a capacidade antiinflamatoria do organismo, sube as defensas, é anticoagulante e reduce o colesterol.
- Arkoprobiotics: 1 ampola durante 7 días no almorzo e repetir ao mes (aumenta as defensas, repoboa a flora intestinal e favorece o tránsito).
- Arkopharma Condro-aid forte. Mellora o benestar, a elasticidade e a mobilidade articular. A glucosamina e a acondroitina interveñen de forma natural na síntese do cartilaxe e na lubricación das articulacións. 2 cápsulas co almorzo e 2 coa comida durante 4 meses.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Consultorio

Pregunta

Pilar Ferreiro de Narón, 65 anos

Con que poido calmar a dor se son alérxica ao AINES e só podo tomar Termalgin?

Resposta

Ola Pilar,

Ao ser alérxica aos antiinflamatorios non esteroideos, outras opcións poden ser a Fitoterapia (Harpagofito), Homeopatía (Traumel, -en comprimidos e crema-, Zeel, ou Arnica montana 7CH en gránulos).

Existen outros analxésicos máis potentes que os AINES pero deben ser prescritos polo teu médico, pois poden interferir coa túa medicación.

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 5 de Decembro do 2014 | 11:46 a.m.