publicidade hoxe
Este verán toma legumes en ensaladas - Cabecera

Este verán toma legumes en ensaladas

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Xa chegou o verán e o que máis apetece son pratos frescos como ensaladas e sopas frías, que nos axuden a pasar estes días de tanto calor. En Dieta Coherente propómosvos un par de receitas de ensaladas de legumes que teñen como ingredientes unha familia de alimentos que moi poucos relacionades coa época estival: os legumes.

Lentellas, garavanzos, fabas  son perfectas para que cun pouco de enxeño, imaxinación e moi pouco esforzo e diñeiro consigades estupendas receitas que gozaredes no verán.

Ensalada de lentellas

As lentellas son ricas en fibra, hidratos de carbono, tamén en proteínas sobre todo cando se combinan con arroz convértense en proteínas de alto valor biolóxico. Ademais achegan vitaminas do grupo B e sobre todo ferro.

Ingredientes: lentellas (pódese realizar cun frasco con elas xa cocidas), cebola, mazá, tomate cherri, limón, rúcula, aguacate, aceite de oliva, 4 ou 5 olivas negras, vinagre, pementa e sal.

lentellasO primeiro que hai que facer, no caso de que o fagamos con lentellas frescas, é cocelas en auga con sal (previo remollo dun par de horas), cocemos tamén a cebola e esperamos a que arrefríen. Despois córtase a mazá en dados pero báñase en zume de limón para evitar a súa oxidación, cortamos os tomates, as olivas, o aguacate e a cebola. Lavamos a rúcula e por último, mesturamos todo nunha ensaladeira e aderezámolo con aceite e vinagre. Só nos queda servila.

Ensalada de garavanzos

Os garavanzos proporcionan fibra, hidratos de carbono e proteínas. Conteñen ademais  lípidos sobre todo  ácido oleico e linoleico, que son insaturados e carentes de colesterol.

Ingredientes: garavanzos cocidos, melón, allo, tomate, cebolleta fresca, aceite de oliva, vinagre balsámico e sal.

garavanzosO primeiro paso é trocear o melón. A continuación picamos a ceboliña fresca. Estes dous ingredientes mestúranse con aceite de oliva e vinagre balsámico para, posteriormente, deixar macerar media hora. Mentres esperamos imos enxugando e escorrendo os garavanzos cocidos, combinámolos co allo picado e engadimos aceite e sal. Por último servimos nun prato e engadimos o aderezo que se deixou macerando. Lembra que para cocer os garavanzos debes polos de remollo o día anterior.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 17 de Xullo do 2015 | 12:01 p.m.