publicidade hoxe
Enfrontarte a unha dieta - Cabecera

Enfrontarte a unha dieta

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

As primeiras horas dunha dieta son estupendas, sénteste animado coa sensación de que podes con todo, cres que esta vez é a definitiva e que ninguén te vai parar. Velo tan claro que te visualizas con ese pantalón ou traxe de baño que fai un par de veráns que non che entra. Entón que pasa, que fai que fracases unha e outra vez? En Dieta coherente queremos axudarte a descubrir os 5 factores que fan fracasar a túa dieta:

1. Decidiches porte a dieta ou vícheste obrigado? A verdadeira motivación tes que buscala en ti, non deixes que a presión externa te poida e tómate un tempo para decidir comezar unha dieta.

2. Cando estás estresado ou tiveches algún problema, estás desexando chegar a casa e comer esa torta de chocolate que tanto che gusta? A veces confundimos as emocións coa fame e solventamos os nosos problemas comendo, casualmente, produtos con alto contido calórico. O motivo polo que desexas tanto esa torta é porque desde que eras pequeno, acostumas comer chocolate cando estabas baixo de ánimo ou sempre celebras algo tomando unas cervexas cos teus amigos. Así, o tu cerebro asocia as túas respostas emocionais coa comida. Se consegues identificar estas situacións con momentos de estrés, soe axudar o exercicio físico ou algunha técnica de relaxación.

3. Prantexácheste uns obxectivos demasiado ambiciosos ou pouco realistas?. Ás veces fas todo ben, segues a dieta, fas deporte, pero aínda así non logras entrar no vestido da voda do pasado verán. Cando tomes a decisión de baixar de peso, tes que formulalo como unha carreira de fondo, se queres perder moito peso, é mellor que o planifiques con tempo e que vaias introducindo cambios graduais nos teus hábitos alimentarios e de actividade física.

dieta4. Ollo cos antollos. Non serías humano se despois de anos sucumbindo, deixases de telos por arte de maxia. As recaídas son frecuentes. O truco está na moderación. Non pasa nada se un día comes un pouco de chocolate, pero o que non debes facer é comerte unha tableta do tirón, ponte un límite antes de empezar, dúas pastillas ou unha galleta. Non se trata dun todo ou nada.

5. Esquécete da culpa. Xa tes o chocolate na túa boca pero empezas a sentirte mal porque non te puideches resistir… Pois non o fagas, non te martirices, é máis, aproveita ese momento, saboréao e goza todo o que poidas. Os remordementos tamén engordan. O que debes facer é recuperar os bos hábitos o antes posible. O teu corpo non te culpabiliza por un exceso se non polo balance de toda a semana.

Levar unha Dieta Coherente é fácil, non tes máis que decidirte e verás cómo aprender a comer ben fará que te sintas mellor contigo mesmo.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 10 de Abril do 2015 | 11:25 a.m.