publicidade hoxe
Dieta anticelulite - Cabecera

Dieta anticelulite

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición 
https://tienda.dietacoherente.com/

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Que tipo de alimentación debe seguir unha persoa que, sendo delgada e que non quere perder peso, ten graxa acumulada por falta de exercicio?

A celulite é un problema moi común na muller e é independente do peso. Bebe de 1,5-2 litros de auga ao día, para mellorar a “depuradora” do teu organismo e aumenta o consumo de graxas insaturadas para activar a lipólise e destruír os depósitos de graxa (froitos secos, aceite de oliva, olivas, pipas de cabaza e xirasol e sésamo).

celuliteCales son os alimentos a evitar?

Prohibido os alimentos graxos ou moi azucrados pola noite, xa que se os tomas, irán directamente aos depósitos de graxa, mentres dormes.

É necesario reducir da dieta os alimentos procesados, as frituras, guisos, o café, tabaco e o alcol.

Ollo coas graxas desfavorables (graxas saturadas: carne graxa, touciño, manteiga, touciño entrefebrado, embutidos graxos, queixos ricos en graxas, xemas de ovo e graxas trans: bollería, cereais de almorzo, galletas, chocolates, bombóns).

Existen alimentos que poidan combater a celulite ou evitar a súa aparición? Cales son?

Existen certos alimentos que axudan a reducir a celulite como os que achegan fibra (pan e pasta integral), froita e verdura crúa (pemento, cebola, cenoria, leituga, champiñóns, espinacas, etc.); os antioxidantes, cítricos, peixe azul, aceite de oliva virxe (en cru ao final da preparación), calcio, que controla a función dos adipocitos e estimula a lipólise. Os alimentos depurativos e diuréticos como a fresa, son unha sofisticada arma contra a pel de laranxa, o kiwi regula o tránsito e o seu contido en potasio favorece o equilibrio hídrico; a piña axuda a dixerir as proteínas, acelera a reparación dos tecidos, elimina toxinas e líquidos e é antiinflamatoria; o pomelo é moi depurativo, o hinojo diurético e contén propiedades similares aos estróxenos que equilibran os niveis hormonais; o apio e a cenoria.

frutos secosA falta de ferro favorece a aparición de celulite e dificulta a súa eliminación, por iso inclúe na túa dieta: carne magra, peixe, marisco e legumes.

Cantas comidas ao día se deben facer?

Realiza 5 comidas ao día para equilibrar o nivel de azucre en sangue e regular o apetito e o almacenamento de graxa corporal. Desta maneira actívase a lipólise, é dicir, a queima dos depósitos de graxa no adipocito e redúcese a transformación en graxa e celulite, do exceso de calorías da dieta. A regra é almorzar como un rei, comer como un príncipe e cear como un “mendigo”.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 21 de Xullo do 2016 | 6:20 p.m.

Outros temas de Nutricoach