publicidade hoxe
David Amor: “Un papel dramático? Se hai un director que se atreva, eu síntome capaz” - Cabecera

David Amor: “Un papel dramático? Se hai un director que se atreva, eu síntome capaz”

 David Amor

David AmorA pesares de pasar por un bo número de lugares de residencia na súa infancia, se ten que dicir de onde se considera, David Amor escolle Vila de Cruces, Ferreirós concretamente. Aquí, entre partidiño e partidiño, comezou a decatarse de que o fútbol non era o seu e non lle quedou outra que buscar outro deporte. Mira ti por onde, o que atopou non sería un simple hobby. Xogador profesional de balonmán, percorreu media España de pista en pista. Agora fai o mesmo pero cos escenarios. E o obxectivo é ben distinto, facer rir a todo o que se poña diante. Gústalle a interpretación, non lle fai ascos nin ó cine, nin á televisión, nin ó teatro… Nin tampouco a cambiar de rexistro! Drama? Por que non? 

David AmorNome e apelidos: David “Amor”

Un lugar: Case calquera de Galicia               

Un hobby: Non facer nada!

Unha comida: As que fai miña nai!!!!

Unha virtude: Iso téñeno qie dicir os outros non?

Un defecto: Iso mellor que non o saiban os demáis!

Un soño: Chegar a ser un bo actor e poder demostralo

Que tal David? Fai pouco que estiveches por aquí por Galicia, non? Como te trata o público galego? Mellor ou peor que o de fora?

Moi ben! A verdade é que penso que o pasamos macanudo! Non sei de cara á xente, pero a min gústame moito actuar en Galicia

Adoitase falar moito do humor galego, do diferente que é algunhas veces do doutros lugares, dirías que isto inflúe?

Non, a verdade é que penso que non! O humor é algo universal!!!

Sénteste un humorista galego ou un humorista en xeral? Explícome. É importante na figura de David Amor o feito de ser galego, ou poderías ser de calquera sitio?

Eu creo que podería ser de calquera sitio. Nalgúns momentos pode haber referencias máis locais, pero como che dixen antes, o humor é algo universal, algo que pode entenderse por igual en calquera parte.

Imos botar un ollo cara atrás. Como acabaches no mundo do espectáculo David? O teu era o balonmán, non? Case poderíamos dicir que es algo así coma o Julio Iglesias galego… (Risas)

Non sei se terei moitos paralelismos (Risas). Pois acabei ós poucos se che son sincero… Fun facendo cousiñas ata que se convertíu no meu modo de vida.

No balonmán foiche moi ben, Liga Asobal, Selección Española. Creo que o fútbol non se che daba tan ben…

David Amor(Risas) É que os pés quedan moi lonxe da cabeza…

Agora en serio, a túa carreira foi moi boa, non che deu pena aparcalo?

Pero non me retiredes!!!!! Que eu sigo xogando eh!! Sigo estando aí e compatibilizando un pouquiño de todo!

Volvendo ó espectáculo, non sei se moita xente o sabe, pero algo que ver cos teus primeiros contactos co mundo do espectáculo tivo María Castro, non?

Fomos compañeiros de primeiro de carreira e algo de curiosidade si que me ía espertando a súa carreira… Pode ser que algo tivera que ver.

Primeiro ‘ O Rei da Comedia’, despois ‘Supermartes’, ata que chegou o salto ó panorama nacional con ‘El Club del Chiste’, cambiou moito o David do principio ó de agora?

David AmorEspero que si!!!! Pois foi un camiño largo, un proceso que me levou por moitos lugares, pero para nada era o fin chegar alí, non era que o obxectivo estivera posto aí, foi simplemente un deixar ir as cousas… E tampouco é que rematara esta aventura claro!

Isto sen esquecer os espectáculos en directo. Que prefires? Onde estás máis cómodo, na tele ou na taberna? Falamos de traballo ehh (Risas)

Iso é como preguntar a quén queres máis, ó teu pai ou túa nai? (Risas). Disfruto con ambos traballos aínda que tabernas pouco frecuento nestes momentos.

Como se leva a fama? Porque polo que parece ti non eras dos que soñabas de pequeno con facerte famoso…

O da fama penso que é máis para os outros que para un mesmo. E que a ti realmente non che cambia nada. E eu xa imaxinaba que se me ía adicar máis profesionalmente a isto conlevaría iso.

Xa tes comentado nalgunha ocasión que che gustaría enfocarte cara o mundo da interpretación, cara onde? Televisión? Cine?

David AmorUnha vez máis…. Hai que escoller? Penso que non está a cousa para andar moi esixente. E ademáis me atrean ambos ámbitos.

Papeis dramáticos? É posible que cheguemos a ver a David Amor facendo un papel dramático?

Se hai un director que se atreva, eu síntome capaz, claro!

Por certo, que me dis do nome? Por que David Amor?

David AmorVen da época que eu traballaba no Supermartes. Decidíuno Piñeiro naquela época e aí quedou!

E realmente sénteste identificado con el? Es cariñoso David? 

Teño días! (Risas)

E que máis es? Como es cando chegas á casa? Cos cómicos sempre hai esa sensación de que tedes que estar todo o día felices e contando chistes…

Pois é unha sensación errónea. É como pensar que un mariñeiro vai para  a casa e segue botando a rede pola ventá. Un pouco absurdo non?

E xa para rematar David, proxectos. Cóntanos, en que andas metido? Que andas a facer nestes momentos?

Pois agora sigo coa miña xira, e farei dous espectáculos moi potentes en Ourense e Santiago con cousiñas novas. E tamén seguiremos por fora… Estremadura, Mallorca… E respecto ós novos proxectos, hainos, pero non chos podo contar que se gafan!!!!

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 14 de Abril do 2014 | 11:21 a.m.

Outros temas de Plató Aberto