publicidade hoxe
Cristina Vázquez: “A definición máis acertada é que son eu, e nada máis” - Cabecera

Cristina Vázquez: “A definición máis acertada é que son eu, e nada máis”

Cristina Vazquez

Prefire que sexan os demais, e o seu traballo, os que a definan, aínda que se ten que dicir algo destaca a súa simpatía. E precisamente con ela tratará de amenizar toda canta festa se lle poña por diante este verán. A tempada está a puntiño de comezar, Cristina Vázquez ten moito que dicir e vaino facer como mellor sabe, co micro na man.

Cristina VazquezNome: Cristina Vázquez

Idade: 26

Lugar de residencia: Cebreiro –O Pino  (A Coruña)

Estudos: Ciclo medio de perruquería e Ciclo medio de Estética Persoal Decorativa.
Profesión: vocalista na orquestra IBIZA
Hobbies: a música, o cine, as novelas románticas, viaxar, saír cos amigos, coñecer xente nova e as verbenas.

Quen é Cristina Vázquez?

Pois Cristina Vázquez é un rapaza que un día veu cumprido o seu soño ó poder vivir do que sempre quixo e do que tanto soñaba, que é a música, o feito de poder cantar. Defínome como una persoa honesta, respectuosa e de palabra. Moi alegre, festeira como boa galega que son, e ambiciosa en canto a conseguir metas profesionais se refire, sempre quero máis.

Como xurde o teu interese polo mundo da música?

Pois coma a case todo o mundo, creo que xa nos ven de nacemento! Nunca tiven ningún tipo de influencia familiar nin nada, pero dende que teño uso de razón xa cantaba polas esquinas e quería ser coma as artistas da televisión. Pouco a pouco, co paso dos anos xa te das conta de que realmente non era só un soño de cativa senón que realmente é o teu soño. E ademais, decátaste de que é real, ti realmente cres que viñeches a este mundo precisamente para isto e sen iso non es ninguén, gran parte da túa vida non tería sentido. A música é tan ampla que o interese por ela nunca se acaba, sempre hai algo novo que aprender, e non chega só una vida para coñecela  a fondo.

Que foi o que te levou a presentarte ao casting de Recantos? Como foi a túa experiencia en Luar?

Entereime do concurso grazas os irmáns Diumaró que foron os que me animaron nun principio a presentarme. E sinceramente, non perdía nada por inténtalo, así que aló fun! E non me arrepinto en absoluto. A experiencia foi positiva e enriquecedora en todos os sentidos, a min persoalmente axudoume a superarme en moitos aspectos e a crer máis en min mesma. Subirse a un escenario televisivo con un montón de cámaras diante e cantar en directo sabendo que vas a ser xulgada diante de miles de persoas impón moito. Non é nada fácil e poder facelo é algo como para sentirse orgulloso e crer na valentía de cada un e no amor verdadeiro que lle tes o fas.

Cristina VazquezDespois do teu período como recanteira, volviches a Luar en compañía de orquestras e compañeiros coma os irmáns Diumaró e Alejandra Corral, que destacarías desas actuacións?

Destacaría a seguridade e a complicidade que me dan todos eles para traballar. E por fin disfrutaba dese escenario sen presión! Non tiña nada que ver… (risas). Luar é xa como estar na casa, en familia.

Que é o que define a Cristina Vázquez nos escenarios?

Pois non o teño claro, creo que iso é algo que deben xulgar os demais que son os que me ven e valoran sempre mellor. Pero si creo que transmito simpatía, non sei se é o que me define pero non sabería dicir outra cousa. A definición mais acertada é que son eu, e nada mais.

Cristina VazquezActualmente en qué proxectos estas involucrada?

Pois actualmente estoume a dedicar á orquestra, única e exclusivamente, que xa se acerca o verán e non hai moito máis tempo para outros proxectos. Pero o que si é certo é que hai cousas en mente que aínda están por facer, e que levarei a cabo mais adiante se todo vai ben.

Non só es vocalista na Orquestra Ibiza, senón que tamén formas parte do Grupo La Última Calle. Como compaxinas ambos traballos?

Pois o proxecto de La Última Calle iniciouse a finais da tempada pasada con vistas ó inverno, e si que foi bastante difícil compaxinar os ensaios das dúas cousas… Ademais de memorizar tanto en tan pouco tempo! En principio era un proxecto só para inverno. Tanto eu, coma algúns dos compoñentes de La Última Calle traballamos noutras orquestras e, como dis, non se poderían compaxinar as dúas cousas en plena tempada de verán. Pero o grupo está feito e traballado e seguro que vai dar moito que falar o inverno que ven.

Cristina VazquezCando e onde podemos ver a Cristina Vázquez en acción?

Pois este verán como xa sabedes estou coa Orquestra Ibiza así que alá onde vaiamos alí estarei dando o mellor de min para agradar as vosas festas.

Que sentes durante as túas actuacións? Cal é o maior premio ao teu traballo?

Antes de empezar sinto nervios, moitos nervios, porque nunca sabes o que vas atopar, como vai reaccionar a xente, quen te pode estar observando, o medo a fallar…. Pero todo ese medo que parece imposible de curar vaise nada máis empezar a cantar, o chip cambia e esquézome de todo! Antes de que me dea conta acabouse. Disfruto demasiado e nese momento non me preocupa absolutamente nada. Persoalmente creo que o maior premio é o recoñecemento da xente e dos profesionais do ámbito polo teu traballo.

Que consello lle darías a alguén que ten un soño por cumprir?

Que con talento, ganas, traballo e esforzo nada é imposible, pero sobre todo, que hai que ter fe e crer nun mesmo. Iso é o mais importante.

Cristina Vazquez4

Por: Silvia Villanueva Villanueva
Publicado o 25 de Abril do 2014 | 10:20 a.m.

Outros temas de O Recanto de Silvia