publicidade hoxe
Coral Polifónica CPS San Valentín (Fene) - Cabecera

Coral Polifónica CPS San Valentín (Fene)

Coral San Valentin

A primeira actuación da Coral Polifónica CPS San Valentín data do ano 1983. Ata entón nos remontamos para atopar as orixes desta Agrupación.

Directores

Naquel momento estaba dirixida por Antonio Yllobre Toimil, figura que acompañou á agrupación ao longo de varios anos. Foi no ano 1990 cando este lle pasa a batuta a Sergio Bernal Fuster, que será que se encargue da formación de Fene ata a actualidade.

Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), coa que colabora e que lle permite participar en diferentes eventos e actuacións con outras corais.

Composición

Componse dun total de 32 voces mixtas; 15 femininas e 17 masculinas.

No seu haber, son numerosas as actuacións que atesoura. Actuacións ao longo de todo o territorio galego e mesmo en diversas cidades máis alá das fronteiras autonómicas, visitando diferentes cidades españolas.

Entre os concertos máis sinalados atópase a súa participación no programa especial de Corais na Televisión de Galicia no ano 1988, e máis recentemente no programa A Solaina, tamén na canle autonómica.

A esta traxectoria hai que engadir a súa presenza no tradicional Festival de Panxoliñas de Caixanova, no Concerto de Zarzuelas xunto coa Orquestra de Cámara no 25 aniversario da Igrexa do Divino Salvador, e varios concertos no Teatro Principal de Santiago, no Teatro Jofre de Ferrol e no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Actuacións fora das nosas fronteiras

Nas actuacións fóra de Galicia destaca o Certame Internacional de Habaneras e Polifonía de Torrevieja (Alacante), no ano 1992; o Certame Coral Internacional Villa de Avilés (Asturias), nos anos 1994 e 1996, e un concerto especial na Igrexa de San Roque en Murchante (Navarra), no ano 1998.

 

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 12 de Maio do 2014 | 12:00 p.m.

Outros temas de Galicia Canta