publicidade hoxe
Calorías baleiras e alcol - Cabecera

Calorías baleiras e alcol

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

As calorías baleiras están naqueles alimentos que ao consumilos achegan moitas calorías pero poucos nutrientes de calidade, co que só serven para engordar. Os principais exemplos destas calorías baleiras son:

– A bollería industrial

– Snacks e aperitivos salgados

– Os refrescos azucrados

– O alcohol

– Zumes industriais

– Bebidas para deportistas

– Comidas e salsas precociñadas

– Os alimentos fritidos

– O azucre tanto o refinado como o branco

O abuso de alimentos que achegan moitas calorías baleiras en lugar de alimentos de maior densidade nutricional, favorece o desenvolvemento de enfermidades como a diabete, a depresión e a obesidade, entre outras. Non axudan a unha boa saúde nin ao éxito da túa dieta. 

bebidasO alcol e as calorías baleiras van unidos, ao tomar bebidas alcohólicas non achegas ningún nutriente, isto quere dicir que non te alimentan pero si te engordan. Ademais, a inxestión de alcol dáche fame xa que desequilibra o azucre en sangue e reforza o almacenamento de graxas e azucres.

A súa achega de enerxía é 7 kcal por gramo, se o comparamos co da graxa (9 kcal por gramo), a diferenza non parece moita, pero o seu efecto sobre o teu organismo é diferente. As calorías da graxa son necesarias e pódense “queimar” para obter enerxía, mentres que as das bebidas alcohólicas son superfluas e daniñas.

Neste cadro deixámosche unha comparativa das Kcal/10ou g que achegan as distintas bebidas:

CERVEXA —> 45 Kcal

LICORES de froitas —> 380 Kcal

XENEBRA, RON, WHISKY, TEQUILA —> 244 Kcal

VIÑO —> 77 Kcal

VIÑO DOCE —> 157 Kcal (Málaga, O Porto)

CAVA —> 65 Kcal (Brut), 69 Kcal (Semiseco)

SIDRA —> 40kcal

O consumo de alcol é moi frecuente, recomendámosche que o consumas con moderación, sen mesturar demasiado e para poder metabolizalo mellor, podes tomar un suplemento de vitaminas do grupo B. Se bebes combinados é máis recomendable que os tomes con auga ou xeo.

Propoñémosche tamén outro truco para queimar estas calorías extra, facendo exercicio, e cal mellor que bailar?.

Canto tempo cres que debes bailar por cada 100 g de bebida alcohólica?

bailandoSe consumiches ron, whisky, tequila ou xenebra debes de bailar 58 minutos, mentres que o vodka eliminaralo con 29 minutos de baile intenso. Os licores de froitas achegan máis calorías, polo que vas necesitar mover o esqueleto durante 72 minutos. Se bebiches sidra debes bailar 10 minutos, se tomaches cava, 18 minutos.

O viño tinto achega resveratrol, un gran aliado do teu corazón e arterias. Algúns estudos apuntan que os taninos poden reducir o desenvolvemento de tumores. Reduce a tensión oxidativa e con bailar a bo ritmo 18 min para o viño tinto e 20 min para o viño branco sacácheste as súas calorías de encima.

A cervexa é a única bebida alcohólica que alimenta xa que contén vitaminas, especialmente ácido fólico, fibra e minerais (silicio, potasio, magnesio, calcio e sodio) de maneira natural. O seu consumo moderado é mesmo beneficioso, un recente estudo acaba de demostrar que a tripa cervexeira non existe. Só necesitas 11 minutos de baile para eliminar as súas calorías (100 g de cervexa).

O noso Nutricionista Online recoméndache que sigas os seus consellos nas comidas de festa e que sigas a túa Dieta Coherente os días normais, verás como o verán non lle pasa factura á túa liña!

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 19 de Maio do 2015 | 8:04 p.m.