publicidade hoxe
Alerxias - Cabecera

Alerxias

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

As alerxias son estados de hiperinmunidade, é dicir, o sistema inmunolóxico atópase “excitado” e responde máis da conta ás agresións dos alérxenos.

Con frecuencia as reaccións alérxicas comezan por procesos de permeabilidade intestinal, polo que debes limpar e estimular o sistema dixestivo a nivel hepato-biliar e repoboar a túa flora intestinal. A flora intestinal regula o teu sistema inmune, non chegan os iogures, pois a concentración de probióticos no é efectiva para reactivar as bacterias boas do teu intestino, que reducen os síntomas da alerxia.

A túa dieta pódete  axudar a frear as alerxias reforzando o consumo de alimentos que aporten:

Vitamina C: o antioxidante por excelencia, fortalece as mucosas e é moi antihistamínica, polo que almorza un cítrico ou kiwi e engade pemento cru ás túas ensaladas.

Vitamina B5: é moi antiinflamatoria e antihistamínica, consume máis frecuentemente fígado, aguacate, pipas de xirasol, setas, champiñóns e queixo magro.

Aumenta tamén o consumo de froitos secos, pipas, sementes e vexetais de tempada para asegurar o aporte de  manganeso que relaxa o músculo liso dos bronquios e minimiza os efectos do asma.

O xofre tamén é moi antiinflamatorio, asegura o seu aporte comendo máis allo e cebola, tanto cociñados como en cru.

Ollo con certos alimentos que poden acelerar ou agravar os síntomas das alerxias como o chocolate, mostaza, alimentos fermentados, que conteñen aminas precursoras da histamina, que se suman á xa existente. As proteínas do leite e do trigo son das máis problemáticas, producen alteracións intestinais que nuns casos desencadean alerxias, eccemas, dermatite, rinite, sinusite, xaquecas ou a nivel da mucosa bronquial, asma ou bronquite. Con frecuencia danse varias á vez. Podes retiralos da dieta e comprobar cómo te sentes, pero o noso consello é que fagas a proba de intolerancias alimentarias.

O tratamento baséase en:

1. Toma un vaso de auga terma con 2-3 gotiñas de limón antes de almorzar, xa que predispón ao baleirado intestinal e estimula a vesícula.

2. Evita irritantes hepáticos: café, fritos, alcohol, azucre (dextrosa, glucosa, maltosa, lactosa, fructosa, mel), leite (iogur, queixo), graxas procesadas (saturadas e trans), hidratos de carbono refinados (pan, pasta, galletas, bolería), aditivos, colorantes e conservantes, alimentos procesados ou moi elaborados e carnes vermellas.

3. Evita tamén espárragos, coliflor e brócoli pois reducen a capacidade detoxificadora do fígado.

4. Controla o estrinximento aumentando o consumo de auga, fibra, espinacas, remolacha, queixo de cabra, mazá rallada.

5. Reduce o nivel de inflamación do teu corpo cun suplemento de omega-3.

6. Mellora a túa alimentación coa Dieta Coherente.

– Establece un horario fixo de 5-6 comidas, tendo en conta:
– En todas as comidas debe haber proteína, graxa e hidratos de carbono.
– Tres comidas principais e dous/tres tentempés.
– Non deixes pasar máis dunha hora, desde que te ergues sen almorzar.
– Non deixes pasar máis de 4-5 horas entre comidas.
– Se pasan máis de 3 horas dende a cea ata a hora de deitarte, debes tomar un snack (tipo media mañá ou merenda).
– Non mestures féculas na mesma comida: pan, pasta, arroz, patacas, plátano, millo, remolacha, cabaza.
– Practica exercicio moderado un pouco máis do habitual. 40 minutos de camiñata ao día.
– Bebe ao redor de 1,5-2 litros de auga ao día. Mellor fóra das comidas.
– A preparación dos alimentos será a prancha, cocido, ao vapor, forno… Evita preparacións culinarias que incorporen moita graxa: fritidos, guisos, empanados, potaxes, etc.
– Podes condimentar a comida (limón, vinagre, especias, pementa…) para dar sabor aos pratos.
– Modera a cantidade de sal. En caso de retención de líquidos é recomendable a “sal sen sodio”.
– A coca-cola, o café e o té son potentes estimuladores dos niveis de insulina, polo que se debe reducir o seu consumo e se os tomas, mellor descafeinados.
– Intenta reducir o nivel de estrés pois provoca a mesma resposta fisiolóxica que a cafeína. É recomendable practicar técnicas de relaxación ou ioga.
– Toma cada noite durante 15 días este caldo depurativo.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 27 de Marzo do 2015 | 5:39 p.m.