publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e o Goberno portugués desenvolverán un protocolo para a programación do Xacobeo e a certificación dos camiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+

Un protocolo de colaboración entre a Xunta e o Goberno portugués permitirá afondar na colaboración entre estas dúas institucións no ámbito da programación do Xacobeo 2021 e a certificación dos camiños de Santiago no país veciño.

Así se acordou na reunión telemática na que, por parte galega participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os membros da Comisión de Certificación dos Camiños de Santiago pola parte portuguesa.

Nesta xuntanza, na que Nava Castro estivo acompañada pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e polo director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Isaías Calvo, e na que participaron todos os membros da Comisión de Certificación dos Camiños de Santiago en Portugal, tamén se presentaron distintos temas relacionados coa situación da Ruta Xacobea en Portugal e a súa articulación co Camiño en Galicia cara á celebración do Xacobeo 2021.

Acordos con entidades rexionais

Na reunión celebrada hoxe tamén se tratou a situación do proceso de certificación dos Camiños de Santiago en Portugal na actualidade ,así como a posibilidade de acadar acordos coas distintas entidades rexionais portuguesas dos territorios polos que pasa o Camiño de Santiago.

A Comisión de Certificación do Camiño de Santiago en Portugal está formada por catro membros do Goberno central portugués con competencias técnicas nas áreas de Cultura e Turismo e designados por un período de tres anos.

Así, este departamento dependente da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ten, entre outras funcions, a de desenvolver o procedemento administrativo para certificación de itinerarios.

Ademais, emite informes sobre as solicitudes relativas a investimentos a realizar nos distintos tramos do Camiño de Santiago, coordina os itinerarios certificados, e promove a cooperación entre as entidades públicas e privadas sobre a Ruta Xacobea en Portugal.

7 de outubro de 2020 | 19:17 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario