publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 37 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 37 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 16 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 17 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 37 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60% e do 40% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra rexistrou 18 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 10
Lugo: 6
Ourense: 3
Pontevedra: 18
Total Galicia: 37

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 39 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.

19 de outubro de 2020 | 20:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.