publicidade hoxe

Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de 2,7 millóns de euros en axudas para áreas de rehabilitación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Con data de hoxe asináronse os convenios polo que se reparten os fondos correspondentes a áreas de rehabilitación integral entre os 17 concellos que solicitaron participar neste reparto.

A partir deste momento, serán os concellos os encargados de realizar as convocatorias públicas para que os propietarios de vivendas emprazadas no ámbito das áreas de rehabilitación poidan presentar as súas solicitudes.

Este ano repártense preto de 2,7 millóns de euros entre 25 áreas de rehabilitación emprazadas en 17 concellos. O reparto realizouse en función das solicitudes presentadas pola administración local e tendo en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

Actualmente Galicia conta con 69 áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos ademais das ARIs dos Camiños de Santiago, que comprende 126 concellos das catro provincias galegas, a ARI das Illas Atlánticas, que afecta a catro municipios e a ARI da Ribeira Sacra, que comprende 25 concellos.

30 de outubro de 2020 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.