publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As empresas en ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción pola covid-19 poden desde hoxe tramitar a súa prórroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o modelo de solicitude para que as empresas con expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción derivadas da covid-19 podan tramitar a súa prórroga desde hoxe.

Poderán acollerse a esta medida os expedientes que estivesen vixentes na data de entrada en vigor do Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

A normativa recolle a posibilidade de que os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción vinculadas á covid-19 e que estivesen vixentes na data de entrada en vigor deste Real decreto lei se poidan ver prorrogados. Poden ampliarse na aplicación das súas medidas suspensivas e/ou de redución de xornada, máis alá da data de remate establecida na comunicación final á autoridade laboral, que inicialmente fixesen as empresas. sempre e cando o expediente, con tal prórroga, finalice durante a vixencia do decreto lei, e se chegue a un acordo entre a parte empresarial e a traballadora.

A comunicación da prórroga deberá facerse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación complementaria deberá presentarse tamén por vía telemática, así como todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento.

6 de outubro de 2020 | 17:54 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario