publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Axencia de Órganos e Sangue chama a doar sangue á cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á cidadanía a doar sangue e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos 0 positivo, A positivo e B positivo.

As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.

Desde ADOS convídase a todas as galegas e galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue.

Cómpre remarcar que os hospitais galegos precisan mensualmente ao redor de 10.000 doazóns de sangue.

Facilitar a participación

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, desprazando as súas unidades móbiles ao longo da xeografía galega.

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

16 de outubro de 2020 | 13:49 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario