publicidade hoxe

A Xunta concede 6,7 M€ para a contratación de 276 técnicos que realizarán labores de orientación laboral en concellos e entidades sen ánimo de lucro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta acaba de conceder 6,7M€ en axudas para a contratación dun total de 276 técnicos que realizarán actividades de orientación laboral tanto en entidades locais como en entidades sen ánimo de lucro, tal e como se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Estes apoios, que chegarán a un total de 94 entidades locais e 44 entidades sen ánimo de lucro, teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego. Deste xeito, as axudas destínanse ao reforzo dos servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego a través de itinerarios personalizados, como un instrumento para promover unha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Os programas de orientación laboral pretenden a mellora non só da empregabilidade, senón tamén da cualificación das persoas desempregadas mediante información, diagnóstico individual, asesoramento, motivación e acompañamento nos proceso de acceso e cambios laborais, prestando especial atención aos colectivos con maiores dificultades de inserción.

Ademais, desde a Xunta apóstase por un modelo de orientación aberta baseado no traballo en rede do persoal orientador na procura dunha maior implicación, compromiso e protagonismo da persoa demandante na configuración, execución e mellora do seu propio proceso de busca activa, cunha maior relevancia das TIC no seguimento e interacción.

Estas axudas enmárcanse, ademais, no eido da colaboración que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén coas entidades locais e as entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de impulsar a empregabilidade no territorio galego.

26 de xullo de 2020 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.