publicidade hoxe

A Xunta agarda lograr avances tanxibles para a elaboración dunha Estratexia nacional fronte ao reto demográfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Declaracións da conselleira

Declaracións da conselleira

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, participou esta mañá na constitución da conferencia sectorial sobre o reto demográfico, onde reiterou a necesidade de elaborar a comprometida estratexia nacional neste ámbito. Así mesmo, sinalou que agarda que este encontro permita situar a demografía como un asunto prioritario na axenda do Goberno central e construír un mecanismo de diálogo entre o Executivo central, as comunidades autónomas e as entidades locais.

Neste sentido, Fabiola García sinalou que Galicia leva moitos anos reivindicando que esta cuestión debe estar no centro da acción política. Unha idea que o Goberno galego ten presentado no Foro de rexións con especiais desafíos demográficos e na Conferencia de Presidentes do ano 2017, onde se propuxo e se logrou a creación do Alto Comisionado para o Reto Demográfico. Neste tempo, a nivel autonómico téñense posto en marcha distintas iniciativas entre as que destacan a aprobación do primeiro Proxecto de lei de impulso demográfico de España, que o Parlamento debaterá no inicio desta lexislatura.

A conselleira engadiu que a constitución desta conferencia sectorial é unha boa noticia, pero que por si soa non abonda. Apuntou á necesidade de que o conxunto de administracións avancen unidas e de xeito coordinado para abordar un dos retos máis importantes aos que se enfrontan as comunidades nos próximos anos.

23 de xullo de 2020 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.