publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 25.149 persoas concorrerán ás oposicións da Consellería de Educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

Un total de 25.149 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Este dato refírese ás 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes convocadas para os corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, de profesores técnicos de formación profesional, e de inspectores de educación. O procedemento selectivo celebrarase en 2021.

O resto das prazas, para o acceso ao corpo de catedráticos – convocadas onte mesmo– consisten nun concurso de méritos e non levan consigo proba.

Por corpos e especialidades, o número de prazas convocadas e inscritos distribúese do seguinte xeito:

Corpo de mestres. Total: 747 prazas, 8 especialidades, 9.381 inscritos

Corpo de profesores de ensino secundario. Total: 1.041 prazas, 35 especialidades, 11.132 inscritos

Corpo de profesores técnicos de formación profesional. Total: 363 prazas, 24 especialidades, 2.816 inscritos

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas. Total: 68 prazas, 4 especialidades, 263 inscritos

Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas. Total: 85 prazas, 20 especialidades, 830 inscritos

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño. Total: 40 prazas, 6 especialidades, 563 inscritos

Corpo de inspectores de educación. Total: 10 prazas, 164 inscritos

23 de xuño de 2020 | 13:00 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario