publicidade hoxe

O DOG publica as listas provisionais de admitidos e excluídos en diversos procesos selectivos de seguridade e saúde laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para o ingreso en diferentes especialidades da seguridade e da saúde laboral. En total, 501 persoas participarán nestes procesos para cubrir 54 prazas no eido da seguridade e saúde no traballo e da saúde laboral.

Estes procesos selectivos inclúen dez prazas para a escala superior de saúde laboral (subgrupo A1) con oito persoas admitidas; 21 prazas na escala superior de seguridade e saúde no traballo (subgrupo A1) para as especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada con 235 aspirantes admitidos.

Tamén hai catro prazas para a escala técnica de saúde laboral (subgrupo A2) con 16 persoas admitidas; e 19 prazas na escala técnica de seguridade e saúde no traballo (subgrupo A2) nas especialidades de seguridade no traballo e hixiene industrial con 242 persoas admitidas.

En todos os casos, o sistema selectivo será o de concurso-oposición. Quen supere a fase de oposición participará na fase de concurso onde se valorarán, entre outras, a experiencia laboral e a formación, segundo as bases concretadas na convocatoria.

Consulta das listaxes

As relacións de admitidos e excluídos pódense consultar no portal web corporativo da Xunta. No caso das persoas excluídas figura a causa de exclusión. Ademais, a listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, tamén con indicación da causa determinante da súa exclusión, recóllese no Diario Oficial de Galicia.

10 de xuño de 2020 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.