publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061 de Galicia asistiu a 53 persoas por 43 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 43 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 29 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 31 de maio. O días que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 19 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 43 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 71% e do 29% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, A Coruña rexistrou 15 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 15
Lugo: 6
Ourense: 8
Pontevedra: 14
Total Galicia: 43

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado asistiu en seis accidentes de tráfico, o helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.

En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e nunha ocasión atendeuse no propio lugar do incidente.

1 de xuño de 2020 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.