publicidade hoxe

Comeza a veda da centola e do boi na provincia de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+

A veda da centola e do boi na zona comprendida entre cabo Estaca de Bares e o río Eo, comezará mañá, 26 de xuño, e prolongarase ata o vindeiro 29 de novembro, día incluído.

Así o especifica a resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2020-2021, que establece o período de veda para este ano na provincia de Lugo desde as 00:00 horas do día 26 de xuño ata as 00:00 horas do domingo 29 de novembro, ambas datas incluídas.

Nas provincias da Coruña e Pontevedra a veda comezou xa o pasado 20 de xuño e prolongarase ata o vindeiro 8 de novembro, día incluído. O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura destas especies para todas as embarcacións por medio de calquera arte na comunidade galega. De feito, as embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto.

A veda é unha das medidas que contribúen a aumentar a biomasa e a regular a pesqueira da centola e do boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e favorecer unha explotación máis sustentable.

25 de xuño de 2020 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.