publicidade hoxe

Asinada a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética na Audiencia Provincial de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedraPortada dereita
A-
A+

A Xunta asinou hoxe a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra cos responsables da empresa adxudicataria para que poidan dar comezo os traballos. O prazo de execución é de catro meses.

As actuacións que se levarán a cabo neste edificio xudicial inclúen a reparación ou substitución das fiestras de madeira da fachada principal e das plantas altas dos patios interiores, así como a reparación e pintado das contraventás existentes e das reixas nas ventás.

Ademais, serán renovadas as luminarias dos locais de ocupación habitual por lámpadas con tecnoloxía LED incluíndo sistema de control de iluminación. Deste xeito, mellorarase a cualificación enerxética do inmoble e obterase un aforro de enerxía eléctrica do 17%.

11 de xuño de 2020 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.