publicidade hoxe

As unidades móbiles de resonancia magnética do Sergas colocan a Galicia á vangarda da telerradioloxía en rede en todo o Estado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

Realizar en Burela unha resonancia magnética nunha unidade móbil dotada cun equipo de última xeración e que, nuns segundos, as imaxes en alta resolución do paciente poidan ser observadas e valoradas por un radiólogo con ampla experiencia nesa técnica, situado no Hospital do Meixoeiro de Vigo, constitúe a práctica diaria das tres resonancias móbiles con que conta o Sergas para achegar a tecnoloxía diagnóstica máis avanzada á poboación adscrita aos hospitais comarcais de Galicia, atendendo a máis de 150.000 pacientes desde o ano 2006.

Esta modalidade asistencial representa a experiencia en telemedicina máis ampla e consolidada do sistema sanitario público galego, cun enfoque de traballo en rede, que sitúa a esta comunidade autónoma á vangarda da telerradioloxía en España.

60 pacientes ao día

Cada día, unha media de 60 pacientes son explorados nalgunha das tres unidades móbiles de resonancia magnética que, de forma rotatoria, se instalan no recinto dos sete hospitais comarcais ou noutros hospitais do Sergas que requiren apoio puntual.

As imaxes anatómicas e funcionais obtidas nos equipos móbiles de resonancia viaxan en tempo real ás consolas de traballo dos radiólogos da Unidade de Diagnóstico por Imaxe que xestiona a empresa pública Galaria, todos eles con anos de demostrada experiencia en valorar e informar estudos de resonancia magnética, desde os máis sinxelos aos de máis alta complexidade.

A dixitalización das imaxes radiolóxicas posibilitou a súa lectura e manexo de maneira deslocalizada, xa que poden estar dispoñibles para a súa visualización, informado ou utilización desde calquera localización.

Esta fórmula de traballo estivo empregándose a distancia de maneira habitual abarcando actualmente a gran maioría dos catorce hospitais do sistema público galego, realizando todo o proceso radiolóxico, ou prestando axuda no informado de probas de resonancia magnética realizadas, sendo así líderes en telerradioloxía cun funcionamento en rede.

7 de xuño de 2020 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.