publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta publica no DOG as consultas preliminares ao mercado para definir a estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Francisco Conde en videoconferencia

Francisco Conde en videoconferencia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe de xeito telemático no II Foro Técnico da Civil UAVs Initiative que, ata mañá, reunirá aos axentes que participan no desenvolvemento do Polo Aeroespacial de Galicia co obxectivo de xerar debate e intercambio científico e técnico de coñecementos.

Tal e como explicou Conde, tras unha primeira fase na que se puxo en marcha o proxecto coa captación e retención de talento, co desenvolvemento dunha industria local especializada, coa fabricación de solucións e coa obtención de resultados tecnolóxicos, agora hai que transformar todo isto en desenvolvemento industrial, crecemento económico e oportunidades laborais, polo que, tal e como aprobou o Consello, mobilizaranse 160M€ de investimento público-privado no período 2021-2025.

Neste sentido, o conselleiro informou de que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia as consultas preliminares ao mercado co obxectivo de definir a estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia durante os vindeiros cinco anos. O prazo para que os interesados acheguen as súas propostas estará aberto ata o 4 de setembro e, tal e como recolle a publicación, a finalidade desta consulta é coñecer o que está facendo o sector a nivel de produto, servizos e solucións para estudar posibles colaboracións; elaborar un mapa de demanda temperá coas futuras licitacións; achegarse ás necesidades das empresas con tecnoloxías baseadas en drons; e estudar o interese doutras organizacións e institucións por colaborar neste proxecto.

Trátase de crear novos instrumentos de colaboración público-privada cos que poder impulsar o tecido industrial e a I+D+i no sector empresarial ao redor dunha industria de alta tecnoloxía para consolidar o Polo Aeroespacial, atraer investimento e favorecer a comercialización e industrialización dos produtos e servizos desenvolvidos polo sector aeroespacial en Galicia.

30 de xuño de 2020 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.