publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta establece unha alianza con outros seis gobernos autonómicos para solicitar ao Estado un marco de diálogo no que se acorden novas medidas de apoio á automoción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia con conselleiros doutros seis gobernos autonómicos -País Vasco, Castela e León, Navarra, Aragón, Comunidade Valenciana e Cataluña- no que se acordou solicitar ao Estado a creación dun marco de diálogo no que se definan novas medidas de apoio á automoción.

Tal e como explicou Conde, trátase de contar cunha estratexia conxunta “para trasladar medidas concretas ao Goberno de España que favorezan a competitividade e o desenvolvemento do sector no país nestes momentos de incerteza”. Deste xeito, segundo o conselleiro, o obxectivo é definir accións concretas e coordinadas por todas as administracións para dar resposta, certezas, seguridade xurídica e medidas de incentivo para incrementar a demanda e o consumo, pero tamén a competitividade da automoción española a través da I+D e das novas tecnoloxías.

Así, as comunidades autónomas que contan con industria da automoción nos seus territorios pretenden poder competir en igualdade de condicións que outros países europeos nos que xa se están adoptando medidas específicas para impulsar este sector: “Pedimos que se adopten actuacións coordinadas que dean resposta ás necesidades desta importante industria”, subliñou Conde.

Galicia pola súa banda seguirá ao carón da automoción -que supón 24.000 traballos directos e en 2019 alcanzou unha facturación de 9.700M€- apoiando tanto o desenvolvemento da innovación no sector como unha formación adaptada ás súas necesidades, co obxectivo de manterse como un referente.

4 de xuño de 2020 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.