publicidade hoxe

A Xunta establece a reposición do 100% dos servizos de autobús dentro dunha mesma provincia a partir do vindeiro 1 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través dunha resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, establece que a partir do vindeiro 1 de xullo deberá repoñerse o 100% dos servizos de autobús de competencia autonómica que se realicen dentro dunha mesma provincia. No caso dos servizos que operen entre provincias, a oferta de expedicións debe situarse, como mínimo, no 80%.

O obxecto desta resolución é garantirlle á cidadanía o acceso aos principais servizos básicos e aos centros e traballo, unha vez superadas as restriccións de mobilidade derivadas da covid-19.

Así, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa a recuperación dos servizos públicos de transporte de viaxeiros de titularidade autonómica, de xeito que acaden a súa normalidade plena os servizos intraprovinciais e os interprovinciais dean o paso a un nivel de prestación equivalente ao que actualmente xa estaban a prestar os primeiros.

De acordo coa resolucion, que nos vindeiros días sairá publicada no Diario Oficial de Galicia, o volume dos servizos de autobús que desenvolvan a súa actividade dentro dunha mesma provincia deberán prestarse segundo as condicións das concesións e contratos vixentes, recuperando así o 100% da oferta.

En canto os servizos públicos de transporte de viaxeiros de uso xeral que teñan tráficos interprovinciais, as concesionarias deberán adaptar tamén a súa oferta para a prestación dun mínimo do 80% dos servizos que deberían prestar en condicións de normalidade. O obxectivo é garantir á cidadanía o acceso aos principais servizos básicos e centros de traballo.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade desenvolve así as medidas aprobadas na orde aprobada o pasado día 6 de maio para os servizos de transporte público de viaxeiros de titularidade autonómica, co obxectivo de realizar unha transición progresiva ao levantamento das restricións por mor do covid-19.

26 de xuño de 2020 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.